Novidades do GFFF #2 Edition

Este ano cómprense 4 décadas da estrea mundial de Alien, o oitavo pasaxeiro, a cinta de culto de Ridley Scott e protagonizada por Sigourney Weaver. Por iso o GFFF quere rendir homenaxe a tan destacada efeméride de tódolos xeitos posibles.

— A ambientación estará inspirada nos deseños incribles que fixera H. R. Giger para a película, pero teremos tamén expos, concertos, recordos para xente que xa pasou a mellor vida e varias sorpresas”.

Juan de Castro, director do Festival

Para crear unha atmosferaque recorde á mítica nave Nostromo, o GFFF conta coas habilidades de Ricardo Spencer, un dos maiores expertos en escenografía e efectos especiais do panorama audiovisual galego.