Aberta inscrición de filmes / Call for entries

Así foi o GFFF 2023

ES UNHA EMPRESA? COLABORA CO GFFF

Daremos visibilidade ao teu negocio mentres axudas a un evento cultural coma ningún outro. Máis información no noso dossier comercial.

QUERES VIVILO DENDE DENTRO?

Entra a formar parte do equipo e vive un festival único dende dentro. Toda unha experiencia que esixe dinamismo e devolve unha experiencia única e novas amizades.

ASÍ FOI O GFFF #6 2022!

CINEMA FFFREAK

Que vas ver no GFFF? O mellor cinema freak galego, nacional e internacional:

  • Terror e arrepío para que non durmas máis.
  • Friquismo do de verdade.
  • Humor ata que escache o diafragma.
  • Pezas que che van deixar o cu torcido.
  • A mellor animación.

O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Como Festival Internacional de Cinema Freak e Fantástico de Galicia, amosa unha coidada selección nacional e internacional de pezas audiovisuais que soen verse privadas das canles habituais de distribución. Pezas moitas veces inéditas en Galicia, con grandes estreas mundiais, internacionais e nacionais. É o único festival do mundo que subtitula todos os filmes estranxeiros en Galego.

MÁIS QUE CINEMA

O festival é máis ca un simple acontecemento cinematográfico, sendo as proxeccións de películas o epicentro de festas, concertos e actividades. Tamén teremos moita cervexa e máis sorpresas das que poderás procesar!

https://youtu.be/6suOJ18DxY0

Iremos ampliando información! Non nos perdas nas redes sociais!