The Thing (1981) coñecida en España como La Cosa (El Enigma del otro mundo) é un filme de ciencia ficción-terror estadounidense-canadense dirixido por un dos mestres do terror, John Carpenter (Nova York, 1948). Esta obra, vilipendiada na súa estrea e considerada a día de hoxe como un filme de culto, celebra neste 2022 o seu corenta aniversario.

O filme, que é un remake da obra de Howard Hawks e Christian Nyby, The thing form another world (1951), está considerada a día de hoxe como un dos mellores filmes de terror de todos os tempos grazas á atmosfera de encerro que trasmite toda a película, á música do mestre Ennio Morricone (que foi nomeado as premios Razzies por este mesmo traballo), así como aos seus inesquecibles e orgánicos efectos especiais creados por Robb Bottin, moi na liña da nova carne creada por David Cronenberg. 

A película, que conta cunha precuela (The Thing, 2011) está protagonizada polo benquerido actor Kurt Russell (Massachusetts, 1951), quen xa traballara con Carpenter anteriormente no filme Escape from New York (1981), e quen acabaría converténdose nun dos actores fetiche do director aparecendo noutras traballos como Big Trouble in Little China (1986) ou Escape from L.A. (1996).

Para celebrar o aniversario desta obra  tan querida polos fans do terror e o fantástico, proxectarémola en pantalla grande para goce e desfrute dos máis acérrimos seguidores de John Carpenter.

THE THING

EUA – CANADÁ / 1981 / 105’

JOHN CARPENTER

Reparto: Kurt Russell, Wilford Brimley, Keith David, David Clennon, Richard Dysart, Donald Moffat, Richard Masur, T.K. Carter, Charles Hallahan, Peter Maloney, Joel Polis, Thomas G. Waites.
Guión: Bill Lancaster. Baseado na novela de John W. Campbell.
Fotografía: Dean Cundey.
Produtora: Universal Pictures e Turman-Foster Company.

INAUGURACIÓN DO FESTIVAL

Venres, 23 de Setembro | 22:00h

AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO DE VIGO

Nunha estación experimental remota da Antártida, un equipo de científicos de investigación estadounidenses ven como no seu campamento base un helicóptero noruegués dispara contra un can de zorra. Cando acollen ao can, este ataca brutalmente tanto aos seres humanos como aos cans do campamento, e descobren que a besta, de orixe descoñecida, pode asumir a forma das súas vítimas…