Quen é o mellor programador ou programadora do GFFF? Esta difícil pregunta terá pronto resposta.

En colaboración coa GALERÍA MARACA, e como actividade previa do festival, celebraremos unha Batalla de Programadores na que os cinco freaks responsables da Selección Oficial do festival seleccionarán unha curtametraxe do histórico do GFFF e proxectarana nesta sesión tan especial.

Unha noite na que non faltarán as gargalladas e os berros á pantalla e na que o público asistente poderá decidir cal das curtametraxes proxectadas é a súa favorita, coroando a un dos nosos cinco programadores como o Best Programeitor 2024.

Unha actividade perfecta para ir preparando ao noso público para as abraiantes curtametraxes que poderán gozar na #8 edition do festival.