EXPOSICIÓN e PRESENTACIÓN FANZINE BENVIDOS A VIGO STREET
Exposición: 20 ao 28 de setembro
Presentación Fanzine: Mércores, 25 de Setembro ás 17:00
SALA APO’STROPHE.ARTE, PLAZA ELÍPTICA
Froito do concurso de banda deseñada que lanzamos hai uns meses, presentaremos este volume que reúne algúns dos cómics que participaron na proposta.
Trece historias que nos levarán a Vigo Street, unha versión onírica e arrepiante da nosa cidade onde Freddy Krueger e os máis variados personaxes encargaranse de volver realidade os nosos máis horribles pesadelos.
Unha recopilación que reflicte de forma personal e moi gamberra a particular idiosincrasia viguesa coa que calquera que nacese na cidade olívica sentirase identificado. Na presentación do volume, anunciaremos os cinco traballos gañadores e inauguraremos esta exposición para que podades gozar destas delirantes historias durante os días do festival.
Tanto o fanzine como a exposición contarán cos traballos de: Ángela Curro, Barciela, Breaktime.art_ El Yotus, ireavr, Jacob Okamimoru, Juantxo, Manuel Canosa Otero, Orlock, Raba, Rubén Aniorte, Sara Alonso e Xabier Alonso.
Con este fanzine e esta exposición, o festival poñe de novo o foco no mundo da banda deseñada co obxectivo de mostrar ao gran público o talento que se agocha nesta nobre arte de contar historias.