Da man de CREA desenvolveremos este espazo no que coñeceremos, da man dos seus creadores, tres proxectos galegos que se atopan en distintas fases de produción.

Con esta proposta pretendemos non só crear sinerxias entre os distintos axentes que participan nunha produción audiviovisual, se non achegar ao noso público o máis novo do audiovisual galego que está por vir.

Neste work in progress contaremos coa presentación dos seguintes proxectos:

LUCUS

DAVID FIDALGO

Coa participación do director.

MERLO BRANCO

AL DÍAZ

Coa participación do director.

ARGHASSO

DIEGO LÓPEZ CURROS

Coa participación do director.

Esta actividade conta co respaldo de:

CREA a Asociación galega de profesionais da dirección e realización, fundada no ano 2002, é unha asociación profesional sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo a defensa dos intereses dos directores/as e realizadores/as do sector audiovisual en Galicia.

CREA aposta pola defensa da creatividade como elemento fundamental do sector audiovisual. Cren firmemente que a aposta polo talento do noso país, a formación continua e a mellora das capacidades dos nosos creadores, é unha aposta de futuro, fundamental para o desenvolvemento do sector.