Da man de Imaxinatea Lab Creativo traémosvos este pedazo de curso que de seguro fará as delicias das actrices e actores máis fans do cinema de acción.

 Enfocado á formación de actrices, actores e deportistas que teñan interese en cinema, teatro e televisión. O obxectivo é axudar á creación dun personaxe crible de fronte ao espectador á hora de rodar escenas de acción.

 O curso estará impartido polo actor stunt Miguel Ángel Luque, quen participou en producións como Game of Thrones, Napoleon ou Terminator: Dark Fate (ou sexa, será o máis próximo que esteamos de Arnold Schwarzenegger nesta edición).

Prazas moi limitadas! Desconto na inscrición se vos apuntades antes do 30 de XUÑO!

Cando? 13, 14 e 15 de setembro.

Onde? Imaxinatea Lab Creativo – Plaza Francisco Fernández del Riego, nº 3, local 5C. 36203 Vigo