2025
Un día normal en Michitopia
Aiden Rodríguez Álvarez
Estrea Mundial
Michi, vive en Michitopia, e un día normal é de todo… menos normal! Acompaña a este felino na súa vida cotiá chea de sucesos paranormais e divertidos.
2024
A Small Garden by the Window (창가의 작은 텃밭)
LEE Jonghoon
Pola mañá cedo, un arquitecto recolle tomates cereixa maduros dun pequeno horto xunto á xanela para preparar a súa friameira para o traballo. A ecoenerxía flúe das tomateiras. Esta ecoenerxía, nada de pequenos actos de responsabilidade ambiental, acompaña ao arquitecto no seu camiño cara á primeira liña da crise climática unha vez máis.
- 47º Le COURT – Festival international du court métrage de Clermont-Ferrand (Francia, 2025)
- 22º Reykjavík International Film Festival (Islandia, 2025)
- 18º Fest Anča International Animation Festival (Eslovaquia, 2025)
- 6º Kaboom Animation Festival (Países Baixos, 2025)
Ahoj Leto (Ahoj leto)
Hello Summer
Martin Smatana, Veronika Zacharová
Mar, sol, praia e vacacións en familia. Só ten que elixir o destino dos seus soños no catálogo, facer as maletas e poñerse en camiño. Pero, e se o hotel non é tan estelar como prometían, a túa habitación ten unhas vistas un pouco travesas, a cea é sorprendentemente exótica e a túa equipaxe viaxa por libre?
- Young Audience Award, 63º Annecy Festival – Festival international du film d'animation (Francia, 2024)
- Mención Especial, 17º Fest Anča International Animation Festival (Eslovaquia, 2024)
- 34º World Festival of Animated Film – Animafest Zagreb (Croacia, 2024)
- 7º Cinema Miúdo, Festival Internacional de Cinema Infantil de Ames (España, 2024)
- Mención Especial dos Pequefreaks (GFFF #9 2025)
Aracne (ou a araña que non podía tecer)
Dani Iglesias
Aracne é unha pequena araña que non é capaz de producir tea. Un día atopa o que parecía ser unha tea de araña. Podería ser unha nova amiga?
- FanCine de Lemos, Festival de Xéneros fantásticos de Monforte de Lemos (España, 2024)
Box
Aline Schoch
Estrea en Galicia
Nun sistema regulado formado por caixas, os personaxes viven e traballan illados. Debuxan, cortan, pregan e apilan caixas de papel. A medida que as pilas se fan demasiado altas e acaban por derrubarse, os personaxes atópanse entre si e descobren a vida en común.
- 25º CINANIMA – Festival Internacional de Cinema de Animação de Espinho (Portugal, 2025)
- 13º La Guarimba Film Festival (Italia, 2025)
- 69º SEMINCI – Semana Internacional de Cine de Valladolid (España, 2024)
- 53º Alcine – Festival de Cine de Alcalá de Henares (España, 2024)
Eureka!
Kris Borghs
Un dúo de extraterrestres cruza o universo para compartir coñecementos tecnolóxicos con mentes menos brillantes. Nun planeta peculiar, as cousas non saen como planearan.
- Canal+ Kids Award, 47º Le COURT – Festival international du court métrage de Clermont-Ferrand (Francia, 2025)
- Mellor Comedia para todos os públicos, 20º ANIMAYO (España, 2025)
- 48º Kortfilmfestivalen (Noruega, 2025)
- 29º ANIMAC Mostra Internacional de Cinema d'Animació de Catalunya (España, 2025)
- Premio Olimpo dos Pequefreaks (GFFF #9 2025)
Iron Man vs Ultron
Héctor Otero Pérez
Estrea Mundial en salas
Iron Man decide apuntarse á moda de ChatGPT.
Jour de vent
Windy Day
Camille Truding, Hugo Taillez, Chloé Lab, Elise Golfouse, Martin Chailloux, Ai Kim Crespin
Estrea en Galicia
O vento aparece nun parque. A xente sae voando.
- Mellor 3D/CGI, 13º Animation Dingle Festival (Irlanda, 2025)
- Mellor Animación, 30º Festival National du Film d’Animation (Francia, 2024)
- 26º SIGGRAPH Computer Animation Festival (Canadá, 2025)
- 47º Le COURT – Festival international du court métrage de Clermont-Ferrand (Francia, 2025)
Kanopos ir pačiūžos
Hoofs on skates
Ignas Meilūnas
Nun brillante paraíso invernal, dous amigos, Piglet e Cow, están a pasalo en grande patinando sobre xeo nun lago cando, de súpeto, un mundo estraño e descoñecido ábrese baixo eles.
- 53º Alcine – Festival de Cine de Alcalá de Henares (España, 2024)
- 60º Chicago International Film Festival (EUA, 2024)
- 21º IndieLisboa – International Film Festival (Portugal, 2024)
- 69º SEMINCI – Semana Internacional de Cine de Valladolid (España, 2024)
Keo et la poussière d'étoile
Keo And the Stardust
Victor Halfen
Keo, un pirata cósmico, arrisca a súa vida cada día para colleitar a maior cantidade posible de po de estrelas. A súa rutina vese trastornada cando coñece a un estraño alieníxena que necesita este prezado recurso para vivir.
- 34º Flickerfest International Short Film Festival (Australia, 2025)
- 28º Short Shorts Film Festival & Asia 2025 (Xapón, 2025)
- 43º BIFFF – Brussels International Fantastic Film Festival (Bélxica, 2025)
- 29º Fantasia Film Festival (Canadá, 2025)
Kompost
Ursina Rubin, Luzia De Caro, Vanessa In-Albon
Estrea en Galicia
Mentres Lucy ten a cabeza atrancada no cubo de compostaxe, ten unha experiencia extracorporal que lle permite presenciar de primeira man o cambiante mundo da compostaxe.
- Mención Especial, 18º Los Angeles Animation Festival (EUA, 2024)
- 29º ANIMAC Mostra Internacional de Cinema d'Animació de Catalunya (España, 2025)
- 28º Short Shorts Film Festival & Asia 2025 (Xapón, 2025)
Lapo The Bunny – Easter Egg
Alessia Garofalo, Massimo Carrier Ragazzi, Giacomo Rinaldi
Estrea en Galicia
Un coello moi curioso e simpático, pero tamén un coleccionista compulsivo, ao que lle encanta vagabundear para engadir novos achados á súa carretilla.
- 27º Short Shorts Film Festival & Asia 2025 (Xapón, 2024)
- 55º Giffoni Film Festival (Italia, 2024)
- 28º Cartoons on the Bay (Italia, 2024)
- 15º Seoul Metro International Subway Film Festival (Corea do Sur, 2024)
Mojappi -It’s mine!- (モジャッピ ~いただき!ホットケーキ~)
Nijitaro
Estrea en España
Ao traveso trío «Mojappi», que vive no bosque, encántalle gastar bromas. Un día, ao ver aos seus amigos facendo chulas, recorren a todos os trucos posibles para arrebatarllas dalgunha maneira.
- 19º Animest – Bucharest International Animation Film Festival (Romanía, 2024)
- 35º World Festival of Animated Film – Animafest Zagreb (Croacia, 2025)
- 18º Big Cartoon Festival (Rusia, 2024)
- 25º MONSTRA – Festival de Animação de Lisboa (Portugal, 2025)
Nostril
Michael Dondero, Shengnan Dong
Estrea en Galicia
Lala é unha muller privada de soño que se mantén esperta polos odiosos ronquidos do seu marido. Cando o son vólvese tan potente que literalmente a succiona dentro do seu nariz, Lala vese inmersa nunha aterradora batalla contra as criaturas que habitan no seu interior.
- 64º Annecy Festival – Festival international du film d'animation (Francia, 2025)
- 19º Cryptshow Fest (España, 2025)
- 26º Chicago Horror Film Festival (EUA, 2025)
- 19º Spooky Empire's International Horror Film Festival (EUA, 2024)
Skroll
Marten Visser
Estrea en Galicia
Humanos e unha especie de gnomos publicaron vídeos nas redes sociais da súa dimensión animada. Esta película é unha breve recompilación destes clips.
- 8º Animakom FEST – Festival Internacional de Cine de Animación de Bilbao (España, 2024)
- 47º Le COURT – Festival international du court métrage de Clermont-Ferrand (Francia, 2025)
- 44º Anima, the Brussels Animation Film Festival (Bélxica, 2025)
- 6º Kaboom Animation Festival (Países Baixos, 2025)
The Great Annual Party of the Creatures of the Moon
Francis Desharnais
Estrea en España
Por fin os humanos saíron da Lúa! IMOS DE FESTA!
- Premio do Público Novo, 64º Annecy Festival – Festival international du film d'animation (Francia, 2025)
- 28º Short Shorts Film Festival & Asia 2025 (Xapón, 2025)
- 47º Le COURT – Festival international du court métrage de Clermont-Ferrand (Francia, 2025)
- 28º PÖFF – Tallinn Black Nights Film Festival (Estonia, 2024)
The Night Tunnel (Maantunnel)
Annechien Strouven
Despois de cavar un túnel na praia, dous nenos de lados opostos do mundo coñécense. Xuntos, cavan ata chegar ao Polo Norte, onde descobren un xeito máxico de volver á casa.
- 47º Le COURT – Festival international du court métrage de Clermont-Ferrand (Francia, 2025)
- 35º World Festival of Animated Film – Animafest Zagreb (Croacia, 2025)
- 64º Annecy Festival – Festival international du film d'animation (Francia, 2025)
- 54º IFFR – International Film Festival Rotterdam (Países Baixos, 205)
2023
All Is Not Lost
Daniel Greaves e Ruth Beni
Estrea en España
Cando unha erupción volcánica lanza un amasillo de entullos ás profundidades dunha escura cova subterránea, estes compoñentes esnaquizados da vida recompóñense rapidamente en novas criaturas viventes.
- 46º Festival du court métrage de Clermont-Ferrand (Francia, 2024)
- Oberhausen International Short Film Festival (Alemaña, 2024)
- Austin Film Festival (EUA, 2023)
- Tofuzi Intenational Animated Film Festival (Xeorxia, 2023)
Atomic Chicken
Thibault Ermeneux, Solène Polet, Lucie Lyfoung, Capucine Prat, Morgane Siriex e Anna Uglova
Estrea en Galicia
Un galiñeiro instalado ao pé dunha central nuclear ve como a súa vida cotiá dá un xiro por mor dunha serie de mutacións cómicas ao estilo dos debuxos animados.
- School Cinema International Film Festival (India, 2024)
- Kaboom Animation Festival (Países Baixos, 2024)
- REGARD – Festival International du Court Métrage au Saguenay (Canadá, 2024)
- Flickerfest International Short Film Festival (Australia, 2024)
Biscoitos de Cão
António Alves
Borges é un rato con dor de moas que tenta entrar nun frigorífico, custodiado por un can gardián.
Cats
José Garnelo
Tres amigos percorren as ruínas dunha antiga cidade axudando a un pequeno gato a alcanzar o seu obxectivo antes de que a lúa chegue ao seu cénit.
- IMAXINARIA, II Festival Internacional de Animación AFundación (España, 2024)
- 36 Girona Film Festival (España, 2024)
- REX Animation Film Festival (Suecia, 2023)
Ciao Peskao
Guillermo González Fidalgo e Andrea García García
Que fai un gato rosa nunha illa remota? Pois morrerse de fame, ser axexado por criaturas das máis escuras profundidades do océano e montar nun barco a cinco metros sobre o nivel do mar, claramente! E o mellor de todo: Nin sequera sabe que ten compañía!
- Walthamstow International Film Festival (Reino Unido, 2024)
- Charcajada Film Festival (España, 2024)
- Festival Chulpicine (Ecuador, 2024)
- Cartoon Club – Festival of Animation and Comics (Italia, 2024)
Crosswalk (Переход)
Daria Volchok
Estrea en Galicia
A historia da diferenza na percepción do tempo. O protagonista avanza a fume de carozo mentres a multitude queda conxelada esperando o semáforo en verde.
- REGARD – Festival International du Court Métrage au Saguenay (Canadá, 2024)
- Taiwan International Children’s Film Festival (Taiwán, 2024)
- Cactus International Children's and Youth Film Festival (Italia, 2024)
- ANIMAKON – Festival Internacional de Cine de Animación de Bilbao (España, 2023)
- Premio Olimpo dos Pequefreaks (GFFF #8 2024)
Digest The World: Another Organ
YOKOKU Research Institute, MUESUM, YOSHIKATSU, GRASP
Estrea en España
Un mundo no que comer abre novas perspectivas e posibilidades. A dixestión é realizada por órganos totalmente distintos, e aquilo que parpadea agocha segredos.
- 40º INTERFILM International Short Film Festival Berlin (Alemaña, 2024)
- 28º Short Shorts Film Festival & Asia 2025 (Xapón, 2025)
Filante
Marion Jamault
Cada noite, Paulette observa a mesma estrela fugaz no ceo. Pide o seu desexo máis profundo: atopar á súa rata mascota, misteriosamente desaparecida. Pasan os días, pero o animal non regresa. Paulette quere entender que lle pasa á súa estrela.
- Premio do Público, 10º Festival Cinéma Jeune Public (Suíza, 2024)
- Premio de Escuelas, 39º Festival européen du film court de Brest (Francia, 2024)
- Premio do Público, 16º Paris International Animation Film Festival (Francia, 2024)
- 27º MECAL – Festival Internacional de Cortometrajes y Animación de Barcelona (España, 2025)
Kadunud Sokid
The Mystery Of Missing Socks
Oskar Lehemaa
A pequena Pille vai buscar os calcetíns perdidos do seu pai debaixo da cama, a un mundo fantástico de cousas esquecidas. Alí descobre que os calcetíns de papá puxeron un ovo. Agora Pille debe protexer os calcetíns do perigo ata que o pequeno ovo poida eclosionar.
- Gran Premio Curtinhas, 32º Curtas Vila do Conde International Film Festival (Portugal, 2024)
- Mellor Animación Infantil, 27º PÖFF – Tallinn Black Nights Film Festival (Estonia, 2023)
- Mención de Honra, 15º Hsin-Yi Children´s Animation Awards (Taiwán, 2023)
- Gran Premio, 11º Seoul International Children’s Film Festival (Corea do Sur, 2023)
- Gran Premio Pequefreak (GFFF #9 2025)
Météores
Meteors
Agnès Patron e Morgane Le Péchon
Nunha fresca noite de verán, uns animais con ollos cheos de luz abandonan o bosque para penetrarse nas rúas dun barrio das aforas. Catro nenos escapúlense das súas camas e as estrelas empezan a caer do ceo. Pola mañá todo cambiaría, pero por agora a correr!
- Premio Mejor Clip Internacional, CutOut Fest International Animation and Digital Art Festival (México, 2023)
- Anima – Festival du dessin animé et du film d'animation de Bruxelles (Bélxica, 2024)
- Festival 2ANNAS – Riga International Short Film Festival (Letonia, 2024)
- La Guarimba Film Festival (Italia, 2024)
Muscle Masqué Dans: Ferraille Pagaille
Muscle Man In: Metal Mayhem
Nicolas Gemoets
Estrea en España
Muscle Man, o superheroe máis limpo do mundo, embárcase nunha emocionante batalla contra un robot xigante decidido a reducir a cidade a entullos, pero a súa obsesión pola orde podería levarlle á perdición.
- Mención Especial, Young Filmmakers Festival (Bélxica, 2023)
- Premio do Público, Anima, The Brussels International Animation Film Festival (Bélxica, 2023)
- Animation Festival of Roanne (Francia, 2023)
- Curtas Vila do Conde International Film Festival (Portugal, 2024)
Nube
Diego Alonso Sánchez de la Barquera e Christian Arredondo Narvaez
Despois de ver a unha vella nube escura e tormentosa chover dolorosamente e morrer en sufrimento; Noma, unha nube branca e esponxosa, dáse conta de que Mixtli, a súa filla, unha nube escura e tormentosa, está en perigo de chover prematuramente.
- REGARD – Festival International du Court Métrage au Saguenay (Canadá, 2024)
- ANIMAFEST ZAGREB – World Festival of Animated Film (Croacia, 2024)
- Short Shorts Film Festival & Asia (Xapón, 2024)
- IMAXINARIA, II Festival Internacional de Animación AFundación (España, 2024)
O monstro e a nena
Jorge Juan Costas Mira
Había unha vez un monstro ao que lle doía un corno. O monstro pensou que necesitaba un médico, así que se marchou á cidade.
- Premio á mellor Curta Profesional, CortiFestival (España, 2023)
- Cartoonclub Festival Internazionale del Cinema d'animazione, del Fumetto e dei Games (Italia, 2023)
- TUBIFEST (España, 2023)
- Festival Ibérico de Cine de Badajoz (España, 2023)
São Só Diabretes
Leonor Pacheco, Dimitri Mihajlovic
Unha nena pequena loita por durmir, pero cada vez que pecha os ollos, aparecen pequenas criaturas fedellas desde a escuridade.
Spot the Differences
Fleur Larcena, Yohan Gameiro, Clémence Beauprez, Samantha Liu, Brune de Cerval e Aurélie Lequien
Lottie, unha nena de nove anos, descobre unha suntuosa casa de bonecas no seu faiado. Esta resulta ser a réplica exacta da impoñente casa victoriana na que vive. Lottie comeza a súa procura para atopar as diferenzas entre a súa casa e a súa réplica en miniatura.
- Mellor Animación, Student Cuts Film Festival (Eslovenia, 2023)
- 56ª Sitges – Festival Internacional Cinema Fantastic de Catalunya (España, 2023)
- Animacción, Festival Internacional de Cine de Animación A Coruña (España, 2023)
- Cheongju International Short Film Festival (Corea do Sur, 2024)
Svinedrengen
The Swineherd
Magnus Igland Møller e Peter Smith
É un cortello o lugar adecuado para unha festa real?
- 46º Festival du court métrage de Clermont-Ferrand (Francia, 2024)
- Athens International Film and Video Festival (Grecia, 2024)
- Tromsø International Film Festival (Noruega, 2024)
- BFI London Film Festival (Inglaterra, 2023)
The creators
Madeleine Homan
Noutra dimensión, os Creadores traballan nun proxecto. Aos poucos achéganse a un resultado. Pero crear un mundo que reflicta a súa imaxinación non é tarefa fácil, nin sequera para os Creadores.
- 37º Cinekid Festival (Paises Baixos, 2023)
- 20º London International Animation Festival (Reino Unido, 2023)
- 34º Tromsø International Film FestivaL (Noruega, 2024)
- 23º Tribeca Film Festival (EUA, 2024)
The Monster (더 몬스터)
Ruby Yang, Bomin Kim
Estrea en Galicia
Nunha cabana situada nun cámping no profundo do bosque, tres nenas exploradoras sentan xuntas e falan de historias de medo, e atópanse cun pequeno monstro estraño que entra na cabana. As nenas, que se namoran do simpático monstro, pásanllo ben con el sen imaxinar o que lles deparará o futuro…
- 63º Annecy Festival – Festival international du film d'animation (Francia, 2024)
- 26º BIAF – Bucheon International Animation Festival (Corea do Sur, 2024)
- 28º PÖFF – Tallinn Black Nights Film Festival (Estonia, 2024)
- 26º MECAL – Festival Internacional de Cortometrajes y Animación de Barcelona (España, 2024)
Toya Dan Roh Seninya
Toya & Her Art Spirit
Andara Fembriarto
Estrea en Galicia
Toya quere un Espírito da arte Batik para facer grandes teas batik, pero só pode unirse a un Espírito das Artes Marciais. Entón, resistirase Toya ou aceptará ao seu novo compañeiro?
- Nepal International Film Festival (Nepal, 2024)
- 56ª Sitges – Festival Internacional Cinema Fantastic de Catalunya (España, 2023)
- Django International Film Festival (Brasil, 2023)
- Kaohsiung International Film Festival (Taiwán, 2023)
2022
A Boneca de Kafka
Bruno Simões
Cando Kafka, enfermo, atópase cunha nena chorando no parque, decide escribirlle unha carta ao día para contarlle todo sobre as viaxes ficticias da súa boneca perdida.
A Curious Music Box
Nuno De Azevedo Duarte
Un mozo frautista arríscase a entrar nunha tenda de instrumentos aparentemente deserta para investigar unha misteriosa melodía de violín; con todo, non está preparado para o que vai atopar.
Apocalypse Dog
Aziliz Le Clainche, Camille Nasarre, Jing Qian, Juliette Barraux, Emma Plumey, Lucile Arnaud, Solène Cauchie
Nun universo postapocalíptico, Bob e o seu can Pasha sobreviven nun páramo. Teñen fame, sedentos e cansos. De súpeto, ven unha cidade de lonxe!
- Mellor Curtametraxe, Animacción: Festival Internacional de Cine de Animación (Galicia, 2022)
- Mellor Animación, FERFILM International Film Festival (Kosovo, 2022)
- Cinekid Festival (Paises Baixos, 2022)
- KIFF – Hong Kong Kids International Film Festival (China, 2022)
Bábovka
Sandpie
Martina Netíková
Estrea en España
Mina e o seu amigo Toy divírtense nun areal. Todo é diversión e pasteis de barro ata que o xoguete é secuestrado por uns nenos en bicicleta.
- Giffoni Film Festival (Italia, 2022)
- SCHLINGEL International Film Festival (Alemaña, 2022)
- Kids Kino International Film Festival (Polonia, 2022)
- Cinekid Festival (Países Baixos, 2022)
Birds by the way (КСТАТИ, О ПТИЧКАХ)
Alla Vartanyan
Os tempos e as circunstancias cambian, pero o dúo formado por un verme e un paxaro segue sendo o mesmo.
- ANIMAFEST ZAGREB – World Festival of Animated Film (Croacia, 2023)
- Insomnia International Animation Film Festival (Rusia, 2023)
- Giffoni Film Festival (Italia, 2023)
- Mi Primer Festival (España, 2023)
Boom
Charles Di Cicco, Gabriel Augerai, Laurie Pereira De Figueiredo, Romain Augier, Yannick Jacquin
Unha parella de torpes paxaros fai todo o posible por protexer os seus ovos dunha erupción volcánica.
- Filmets, Badalona Film Festival (España, 2022)
- Festival du court métrage de Clermont-Ferrand (Francia, 2023)
- TAAF (Xapón, 2023)
- Kaboom Animation Festival (Países Baixos, 2023)
- Premio OLIMPO DOS PEQUEFREAKS á curta cativa máis aplaudida
- Premio Olimpo dos Pequefreaks (GFFF #7 2023)
Buzz
Andrew Brand e Bryn Chainey
Estrea en España
Unha abella robótica en Marte atopa o seu propio modo de preservar a natureza.
- Premio Mellor Director, Wimbledon International Film Festival (Reino Unido, 2023)
- 30º Stuttgart International Festival of Animated Film (Alemaña, 2023)
- 24º ShortShorts Film Festival (Xapón, 2023)
- 27º LA Shorts International Film Festival (EUA, 2023)
Code Rose
Code Pink
Taye Cimon, Sandra Leydier, Pierre Coëz, Manuarii Morel, Julie Groux, Romain Seisson
En alta mar, un flamenco aterra nun portaavións. Para manter a pista despexada e que despeguen os avións, os militares teñen que desfacerse del. Pero o flamenco e os seus conxéneres regresan sen descanso para poñer cor de rosa á gris maquinaria bélica.
- Filmets, Badalona Film Festival (España, 2022)
- Festival Off-Courts de Trouville (Francia, 2022)
- SFIFF – San Francisco International Film Festival (EUA, 2023)
- Festival du court métrage de Clermont-Ferrand (Francia, 2023)
Cole Krsuá
David Castro González
Tres nenos e dous guionistas xúntanse para escribir un guión dunha animación stop motion. O resultado é un documental True Crime nunha escola e onde deben resolver un misterio.
- Mellor Animación, Toyama International Film Festival (Xapón, 2023)
- Venezia Shorts Italy – International Short Film Festival (Italia, 2024)
- 56ª Sitges – Festival Internacional Cinema Fantastic de Catalunya (España, 2023)
- Aguilar Film Festival (España, 2023)
Dennis
Carlos Beceiro e Guillermo Garzón
Dennis, un empregado da fábrica do mal máis importante do inferno, vai demostrar por que é o peor no seu traballo.
- Mellor Curtametraxe, Festival Internacional de Cine Universitario LANTERNA (México, 2023)
- Mención Especial, Certamen de Cortometrajes Roberto Chiara (Arxentina, 2023)
- Premio do Xurado á Mellor Curta de Animación, Nevermore Film Festival (EUA, 2024)
- Student Animated Film Festival Animafantasia (Romanía, 2023)
El Sepulturero
Juanca Arniz
Estrea en Galicia
Un curioso cativo penetra no cemiterio do seu pobo para acompañar ao sepultureiro durante unha noite de traballo.
- Terror Molins Film Festival (España, 2022)
- Corrosivo Film Fest (Costa Rica, 2022)
- Festival Infantil y Juvenil Chulpicine (Ecuador, 2022)
- MADRIFF Madrid Indie Film Festival (España, 2022)
Hellscape
Lara Brière, Alixe Devaux, Clémence Lacoume, Camille Leroux, Félicia Poggi e Valentine Wilke
Enyo é unha guerreira valente e audaz decidida a traer de volta do Inferno ao seu mentor morto. Na súa procura, Enyo coñece a Cérbero e establece amizade con el.
- Mención Especial, Festival Internacional de Animación Ajayu (Perú, 2022)
- Mellor Curtametraxe de Estudantes, Animare Licata Animation Film Festival (Italia, 2023)
- Toronto Animation Arts Festival International (Canadá, 2023)
- Caminhos Film Festiva (Portugal, 2024)
Hoeba
Sem Assink
Drenthe, 4000 anos antes de Cristo (aproximadamente). Catro homes primitivos unen as súas forzas para construír algo que lles protexa das inclemencias do tempo. Pero, que será?
- BFI London Film Festival (Inglatrra, 2023)
- IndieLisboa International Independent Film Festival (Portugal, 2023)
- 46º Festival du court métrage de Clermont-Ferrand (Francia, 2024)
- IMAXINARIA, II Festival Internacional de Animación AFundación (España, 2024)
Ice Merchants
João Gonzalez
Todos os días, un pai e o seu fillo saltan en paracaídas para chegar ao pobo onde venden o xeo que producen a diario.
- OSCARS, Annual Academy Awards (EUA, 2023)
- Premio do Xurado, La Semaine de la Critique, Cannes Film Festival (Francia, 2023)
- Mellor Curta Internacional, Imaxinaria, Festival Internacional de Cine de Animación (Galicia, 2023)
- Premio do Público, ANIMA, Brussels Internacional Animation Film Festival (Bélxica, 2022)
Operación Frankenstein
Operation Frankenstein
José María Fernández de Vega
Tres irmáns deciden crear o seu propio monstro de Frankenstein, a partir do achado no lixo dun anaco dun manequín.. Pero, como darlle vida á túa propia creación cando só contas con 7 anos e a axuda dos teus dous irmáns?
- Premio do Público, CURTAS, Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa (Galicia, 2022)
- Mención Especial do Xurado, Festival Internacional de Cine Fantástico y de Terror de Navarra (España, 2022)
- 26º Fantasia Film Festival – My First Fantasia (Canadá, 2023)
- Fantaspoa – International Fantastic Film Festival of Porto Alegre (Brasil, 2023)
Sierra
Sander Joon
Un pai e o seu fillo están a perder a carreira popular. Para gañar, o neno convértese nun pneumático de coche. Inspirada na infancia do director, Sierra introdúcenos no surrealista mundo das carreiras de coches.
- Mellor Animación Internacional, Animatricks International Animation Festival (Finlandia, 2022)
- Mellor Curtametraxe, Cinema Jove – International Film Festival of Valencia (España, 2022)
- Segundo Premio, Short Waves Festival (Polonia, 2022)
- Premio do Público, GLAS Animation Festival (EUA, 2022)
Tumulte
Tumult
Baptiste Ratajski
Estrea en España
Un ensamblador de moléculas e o seu discípulo traballan preto dun pozo xigante. Cando unha misteriosa criatura obrígalles a baixar ao pozo, descobren unha estraña máquina.
- 47º CINANIMA, Festival Internacional de Cinema de Animação de Espinho (Portugal, 2023)
- 45º Festival du court métrage de Clermont-Ferrand (Francia, 2023)
- Animatou International Animation Film Festival (Suíza, 2023)
- Psaroloco International Festival for Children & Young People (Grecia, 2024)
Varken
Pig
Jorn Leeuwerink
Un gran grupo de animais faise dependente dunha rede eléctrica, enganchada ao fuciño en forma de enchufe dun porco durmido… Canto durará?
- Mellor Curtametraxe, Sardinia Film Festival (Italia, 2022)
- Mellor Curtametraxe de Animación Holandesa, Cinekid (Países Baixos, 2022)
- SCHLiNGEL – International Film Festival for Children and Young Audience (Alemaña, 2022)
- Cinema Miúdo, Festival Internacional de Cinema Infantil de Ames (España, 2023)
Vers la Lune
Swing to the Moon
Solenne Moreau, Elisa Drique, Marie Bordessoule, Vincent Levrero, Nadine De Boer, Chloé Lauzu e Adriana Bouissie
Estrea en Galicia
Vivindo no bosque, a pequena araña Temi soña con atrapar a Lúa. Para iso, está disposta a todo.
- Int. Frauen Film Fest Dortmund+Köln (Alemaña, 2024)
- Mellor Curtametraxe de Estudantes, Animayo (España, 2023)
- Ennesimo Film Festival (Italia, 2023)
- Short Shorts Film Festival & Asia (Xapón, 2023)
2021
A Mulher do Médico
Bruno Simões
Cando un médico ve que a súa esposa está a pasar por unha depresión, ocórrenselle todo tipo de formas para animala, pero por moito que o tente, as cousas só complícanse máis.
Airborne
Andrzej Jobczyk
Estrea en España
Unha conexión entre o mundo das máquinas voadoras e o reino da flora e a fauna. Absorto na loita, un piloto perde o seu obxectivo e o seu avión estrélase contra a copa dunha árbore. O que parece un final tráxico abre unha nova etapa na historia.
- REGARD – Saguenay International Short Film Festival (Canadá, 2021)
- Festival Le Plein de Super (France, 2022)
- Clermont-Ferrand Short Film Festival (France, 2022)
- ANIMA – Brussels International Animation Film Festival (Bélxica, 2022)
Beeware
Coline Chappe
Estrea en España
Unha abella sedenta acaba bebendo nunha piscina. Un neno cre que se está afogando e trata de salvala… Para ben ou para mal.
- Festival Court Mais Bon (Francia, 2022)
- 44th Moscow International Film Festival (Russia, 2022)
- Festival du Film Jeune de Lyon (Francia, 2022)
Canned Life (罐頭日常)
Yu-Ling Chang
Estrea en España
Todos os días, o protagonista é espremido dun tubo de pasta de dentes e forzado a ir ao traballo. Un traballo interminable. Ao acabar a xornada, de volta á pasta de dentes, e así, día tras día.
- Panama Series Festival (Panamá, 2022)
- The 6th Open Air Short Film Festival (Belarús, 2022)
- AFTERLIFE Film Festival (Suráfrica, 2022)
- T-Short Animated Film Online Festival (Alemaña, 2022)
Death With Interruptions
Joana Vieira da Costa
Unha fatídica noite, algo parece perturbar a roda do tempo. A Morte sae a investigar este curioso caso…
Kayak
Solène Bosseouf, Flore Dechorgnat, Tiphaine Klein, Auguste Lefort, Antoine Rossi
A excursión en kaiak dun pai e o seu bebé por un apracible río convértese nunha auténtica aventura familiar.
- Premio, Festival Internacional de Cortometrajes de Vila do Conde (Portugal, 2022)
- Festival Internacional de Rhode Island (EUA, 2022)
- La Guarimba Film Festival (Italia, 2022)
- Anima (Bélxica, 2022)
Lion Bleu
Blue Lion
Zoïa Trofimoa
Estrea en España
Un campesiño solitario acolle a un gatiño en apertos. Pero o día que se converte nun gran león azul, os aldeáns asústanse e desconfían deste temible forasteiro e escorréntano. O campesiño e os seus animais viaxan entón polo mundo para atopar un lugar onde establecer o seu fogar.
- Premio, KFF – Kaohsiung Film Festival (Taiwán, 2021)
- Trickfilm – Festival Internacional de Cine de Animación de Stuttgart (Alemaña, 2022)
- Clermont-Ferrand International Short Film Festival (Francia, 2022)
- Festival International de Film d'Animation de Varna (Bulgaria, 2022)
Spacapufi
Spuffies
Jaka Ivanc
Estrea en España
Aos Spuffies gústanlles moito os jubeys. Tras comer a última froita deliciosa, a fame está a piques de chegar, polo que se dirixen á casa do vello Poofler a través do tenebroso bosque. Alí coñecen e fanse amigos dunha araña que lles mostra o camiño cara á arboleda dos jubees.
- Guanajuato International Film Festival (México, 2022)
Stars on the Sea (바다 위의 별)
JANG Seung-wook
Estrea en Galicia
É un día calquera, ata que a casa empeza a encherse de auga.
- Premio Shorter Teens, ShorTS International Film Festival (Italia, 2022)
- Premio de Ouro, DigiCon6 Asia, Korea Local Award (Corea do Sur, 2021)
- Rural FilmFest (España, 2022)
- Fantasia International Film Festival (Canadá, 2022)
The Soloists
Yi Liu, Feben Elias Woldehawariat, Razahk Issaka, Mehrnaz Abdollahinia, Celeste Jamneck
Nun pequeno pobo rexido por leis ridículas, tres irmás cantantes e o seu can ensaian para o Festival Anual de Outono. Pero un evento inesperado desbaratará os seus plans.
- Rhode Island International Film Festival (EUA, 2022)
- Vila do Conde International Short Film Festival (Portugal, 2022)
- Clermont-Ferrand International Short Film Festival (Francia, 2022)
- Stuttgart Trickfilm International Animated Film Festival (Alemaña, 2022)
Vent d'Hiver (Vent d'hiver)
Winter Wind
Jeremy Andriambolisoa, Théo Duhautois, Quentin Wittevrongel, Alicia Massez, William Ghyselen, Thomas Dell'Isola
Atrapados nunha violenta tormenta de neve, os coellos buscan refuxio no castelo do seu rei.
- Mención Especial, SEFF – Santiago del Estero Film Festival (Arxentina, 2022)
- BANJALUKA International Animated Film Festival (Bosnia, 2021)
- FIA – Festival Internacional Animación (Uruguai, 2021)
- Lund International Fantastic Film Festival (Suecia, 2021)
Welcome to Gardenland
Aarón Pérez Pardiñas
Nun mundo onde as plantas ocuparon o lugar dos humanos, a familia Jefferson está a piques de vivir un día en grao sumo tolo. Descobre o incrible mundo de Gardenland da man dunha das familias máis particulares.
- Festival de Cans (Galicia, 2022)
- DC Independent Film Festival (EUA, 2022)
- Athens Animfest (Grecia, 2022)
Yay
Anne Isensee
Estrea en España
Lily Armstrong e os seus amigos Carla e Dubio viven nun mundo de escuridade – ata que Lily descobre que hai un mundo arriba cheo de cor, música e aventura. As tres amigas deben combinar as súas forzas para saír xuntas da escuridade.
- LINOLEUM Contemporary Animation and Media Art Festival (Ucrania, 2021)
- Woodstock Film Festival (EUA, 2021)
- New Directors New Films Festival FESTinha Espinho (Portugal, 2021)
- Athens Animfest (Grecia, 2022)
2020
Günter Falls in Love
Josephine Lohoar Self
Estrea en Galicia
É o día de Nadal e Günter, un carlino gordiño, observa desde a súa cama de can como a súa familia humana desenvolve os seus agasallos. Cando un neno desinteresado tira un vello xoguete da familia ao seu carón, Günter queda namorado.
- Nomeada a Mellor Curta de Animación Irish Film & Television Academy Awards (Irlanda, 2021)
- New York International Children's Film Festival (EUA, 2021)
- Clermont-Ferrand Short Film Festival (Francia, 2022)
- The Short Com International Film Festival (Reino Unido, 2022)
Haru
Jean Grandgirard, Sophie Noël, Christophe Jeudy, Grégoire Dehame, Julie Durandy
Estrea en Galicia
Seiryu, o deus dragón da primavera, sae do seu sono para dar vida á natureza. Con todo, non conta co demo da noite, Ugetsu, que vén impedilo.
- Festival du Film Merveilleux et Imaginaire (Francia, 2021)
- Festival Animayo (España, 2021)
- Festival Galacticat – Festival de Cinema Fantàstic i Terror de Ponent a Tàrrega (España, 2021)
Luna Llena
Full Moon
Isabel García Moya
Estrea en España
Burger e Tortilla pasean á luz da lúa. No seu mundo imaxinario, atópanse con criaturas fantásticas…
- Mención Especial, T-Short Animated Film Festival (Alemaña, 2022)
- Festival International du Court Métrage de Clermont-Ferrand (Francia, 2022)
- Carrousel International du Film de Rimouski (Canadá, 2022)
- Insomnia International Animation Film Festival (Rusia, 2021)
Mido et les Instrumeaux
Mido and the Instrumals
Roman Guillanton
Estrea en Galicia
Mido vive só e encántalle cantar, cando un día unha banda musical de animais detense na súa casa.
- Cinanima (Portugal, 2021)
- La Guarimba Film Festival (Italia, 2021)
2019
Dernier Contact
The Take-Off
Alex Bard, Camille Latasa, Gabriel Jaulin, Maxime Grenier, Théo Mercier, Thomas Séris, Tiffanie Gauwe
Pit Stop
Raship Trikha
Dous astronautas tómanse un descanso para ouriñar nun planeta chamado Omble, pero o retrete atáscase.
2018
Balance
Raymond Limantara Sutisna
Dous pintores dispútanse o espazo que teñen para pintar ao seu estilo.
Decaf
Saeed Adams, Thaband Chuene, Carike Cronje, Alexander Dewar, Mahendrie Govender, Christopher Masuabi, Stefan van der Sandt
2017
Smiling Portrait
Eliad Lienhardt
Un misterioso retrato cae en mans dun camareiro arruinado ao pechar o seu pub baleiro.
2016
Mr. Night has a Day Off (Pono Nakties laisvadienis)
Ignas Meilūnas
Por que a noite cambia o día? Seica cando algo non che gusta, cámbialo.
2009
Mi Vida en tus Manos
Nuno Beato
Un famoso matador monta unha corrida de touros que ten consecuencias fatídicas para o seu fillo.
1997
Estória do Gato e da Lua
Pedro Serrazina
Un poema. Unha historia feita de silencio e de complicidade. Luz e sombra, o apelo da noite, a lúa como paixón… Esta é a historia de quen tentou facer o soño realidade, a historia do gato e da lúa.

