Caníbal
La Matanza Caníbal de los Garrulos Lisérgicos
Cannibal Massacre
Antonio Blanco, Ricardo Llovo
Un grupo de rapaces regresa dun concerto de heavy metal a altas horas da noite. Entre cervexas e canutos sofren un accidente e vense obrigados a buscar axuda. A hospitalidade dos Machado, que viven nun núcleo rural dedicado á produción "artesanal" de embutidos, axiña espertará suspicacias entre os mozos, que se verán envoltos nunha trama caníbal sen precedentes.
Curtas
Alicia en Galicia Caníbal
Xavier Villaverde
Segunda versión do mítico videoclip 'Galicia Caníbal' do grupo Os resentidos. Unha videocreación que indaga na busca dunha cultura autónoma facendo unha crítica, baixo o prisma do humor e da ironía, das políticas e supersticións oficiadas para lograr esa identidade, desde o franquismo ata a 'movida'.
El Váter Susurra
Rafael Calvo Grobas
Que sería da Humanidade se un día os nosos WC, eses utensilios dos que non poderemos prescindir xamais, adquirisen vida propia e se rebelasen violentamente? Esta é a historia dun xoven matrimonio ultraconservador enfrontado ao seu inodoro, un parapsicólogo hindú e unha conspiración mundial que non cheira nada ben.
Freak
Galactea
Cora Peña
Galicia: un futuro non moi lonxano. Europa impón unhas férreas condicións agrícolas que afectan ao noso principal sustento: o leite. O mestre Odi Xoan enfróntase ao escuro Dhar Jacob en defensa das tradicións patrias e entregándose ao viño do país. No seu delirio atopa a Vicentín, un xoven sacerdote con todos os sinais do elexido: o último peregrino.
The Last Patrol
Cora Peña
Unha patrulla de soldados atravesa a selva nunha misión suicida. Ao longo da súa viaxe asistiremos á evolución persoal de cada membro do grupo a través de números musicais máis ou menos bizarros. As súas relacións vanse enturbiando cando os nosos heroes, un por un, van caendo en trampas mortais.
Landrú
Back to the Tic
Alumnos de Realización en Televisión da Escola Fundación TIC
Martiño McFly viaxa no tempo ata o ano 2011 para buscar ao seu pai na Escola de Imaxe e Son de Lugo (TIC) e transmitirlle unha mensaxe antes de que se titule como técnico de realización audiovisual. Martiño McFly verase envolto en escenas clásicas do cine coas nenas d'O Resplandor, Morpheo de The Matrix, Jose Luis Garci ou McGyver, que intentarán axudarlle na súa viaxe de regreso á TIC.
Entorrados
German Tejada Santiago
Un universo paralelo infestado de estraños personaxes ao redor da Torre de Hércules. Ao longo do día seguimos os avatares dos individuos que pasan por alí: os traballadores da propia torre-faro, os turistas, os cidadáns que fan deporte… pero tamén as gaivotas, as antigas lexións romanas e o mesmísimo King Kong.
Los Viajes de Pichük
Manel Cráneo, Paco Cuesta
Pichük é un científico do Ministerio de Ciencia do planeta Mincha. No seu afán por adquirir coñecemento emprende innumerables viaxes nos que vai clasificando as diferentes especies que habitan nas diversas rexións do seu planeta. Claro que alí todo é diferente: as cousas acontecen segundo as súas propias normas, como reflexos distorsionados do planeta Terra… con máis humor.
Todo un Personaxe
Ángel Regueiro
Armando Duval é un funcionario de correos 'cuarentón' e con excesiva afección polos cómics: leva tebeos ao traballo e aproveita calquera ocasión para lelos. Nun deses momentos, ten que atender a un estraño individuo con aspecto de científico. O home suxírelle que teña 'coidado cos exemplares únicos'. Máis tarde, na súa casa, Duval é sorprendido por dous estraños personaxes.
Zombies nos Mestre Mateo
Dani de la Torre
O presentador da gala dos Mestre Mateo prepárase para o seu momento de gloria. Todo está disposto para a gran noite do audiovisual galego. Con todo, unha repentina invasión zombie ameazará a celebración do evento e poñerá en xaque aos propios profesionais do sector.
Sachada
Amor de Mono
Monkey Love
Paulo Mosca
En vista de que vós, humanos, non sabedes solucionar os vosos propios problemas, os monetes subnormais vimos impartir xustiza máis elegancia co noso estilo sexy castizo.
De Fiestuki con la Peñuki
Brian Rodríguez Cortiñas
"De fiestuki con la peñuki" é unha aplicación para o teléfono móbil que permite quedar con descoñecidos e finxir, a ollos dos demais, que se ten unha gran vida social. Unha historia sobre tres homes coa capacidade de redefinir o concepto de amizade.
Desde Dentro
Samuel Lema
Esta é a historia dos terribles asasinatos cometidos por un psicópata coñecido polos medios de comunicación como «O axexador» O caso convírtese nun boom mediático polo que unha produtora decide realizar unha instant movie sobre o caso co obxectivo de aumentar a súa audiencia e tratar de desentrañar a identidade do asasino.
La Carne Cruda
Samuel Lema
Desde a súa infancia, Hansel sempre tivo un desexo: devorar a un ser humano. O seu vello boneco non abonda para encher o seu baleiro afectivo. Tras a morte da súa nai, decide facer realidade o seu soño, convertindo os seus desexos nunha perigosa necesidade. Unha necesidade mortífera cando xa non queda máis carne que devorar.
Vicenta
Samuel Ortí Martí
Alfredo morre sen revelar á súa esposa o escondedoiro da fabulosa fortuna que gañaron anos atrás na lotería. Vicenta buscará os cartos por todas partes ata asumir que a única maneira de saber onde están é preguntándolle ao seu defunto esposo.

