Alimento para o Maxín
Pétanque 51
Théo Guyot
Estrea en Galicia
Unha final de petanca ten lugar en La Ciotat, no sur de Francia. Enfróntanse unha equipa de mozos fachendosos contra unha equipa de viocs imparables.
Star Rock
Raúl Colomer, Aitor Herrero
Estrea en Galicia
Un alieníxena e a súa mascota maltratada conviven como poden nun planeta afastado, árido e seco. Grazas ás ondas sonoras que produce un trebello activado con pedras preciosas, conseguen que xurda o pouco alimento entre a terra seca. A visita dun pirata intergaláctico disposto a roubar os minerais, e do seu pequeno robot, que tamén sofre terribles vexacións, será o detonante dunha peculiar historia de amor entre as dúas mascotas.
La nuit des sacs plastiques (La Nuit des sacs plastiques)
The Night of Plastic Bags
Gabriel Harel
Estrea en Galicia
Agathe, de trinta e nove anos, ten unha única obsesión: ter un fillo. Vai reencontrarse co seu ex, Marc-Antoine, que pincha música techno nas Calanques, en Marsella. Mentres intenta convencelo de volver xuntos, unhas bolsas de plástico cobran vida e atacan a cidade.
Todo Esto Sucede Mientras Duermes (Y No Puedes Ver Lo Que Sueño)
While You’re Asleep (My Weird Dreams Happen)
Adrián Quintero Mármol Martínez
Estrea en Galicia
Curtas animacións de horrores vividos no limbo do inconsciente.
Stuck in the Middle
Patrick De Carvalho
Estrea en Galicia
Catro franceses fan unha viaxe por estrada nos Estados Unidos. No medio do deserto, recollen un autoestopista moi estraño. A partir dese momento, a súa viaxe xa non se desenvolverá como tiñan previsto.
Transconciencia (Transconsciencia)
Yelitö
Estrea en Galicia
Cando se atopan a consciencia e a conciencia.
Cómo y porqué se ha esfumado Don José
How and Why Don Jose Dissipated
Moshe Ben-Avraham (Animoshe)
Estrea en Galicia
Un encontro ao chou entre un turista preguiceiro e unha abella molesta acaba derivando nunha situación surrealista que desintegra a realidade percibida e se transforma nunha viaxe tola cara ás profundidades da consciencia do noso protagonista.
Wild Love
Paul Autric, Quentin Camus, Léa Georges, Maryka Laudet, Zoé Sottiaux, Corentin Yvergniaux
Estrea en Galicia
Durante unha escapada romántica, Alan e Beverly provocan un accidente mortal. Este crime non quedará impune…
Arrepío
Midnight Talk
Raffael Oliveri
Estrea en Galicia
Tras a morte da súa nai, Sarah vive illada coa súa tía. Nunha noite, confésalle que sente a presenza dalgo, algo malicioso e implacable.
La Proeza
The Feat
Isaac Berrokal
Estrea en Galicia
Principios dos anos 70 en España, Leiza é unha moza da cidade que acode a un recóndito pobo en busca dunha anciá chamada Riina, alguén que lle foi recomendada para axudala cun asunto ilegal naquela época. Ao chegar, decátase de que todo é moi estraño, esa señora agocha algo sinistro, e pronto deducirá que entrou nun lugar do que probablemente nunca poderá saír.
Casa
Alberto Evangelio Ramos
Estrea en Galicia
Teresa, directora dunha inmobiliaria bancaria, pretende vender a unha parella un dos moitos pisos baleiros que teñen en propiedade, sen ser consciente de que os compradores teñen unha relación inesperada co inmoble.
A Little Taste
Victor Català
Estrea en Galicia
Unha nena foxe desorientada polo bosque. Algo parece agazaparse de forma ameazante. Ao chegar a un pequeno claro, atópase con outra nena xogando soa nun balancín…
El Ático (Het Juk)
The Burden
Nico van den Brink
Estrea en Galicia
Unha moza, de visita na casa da familia do seu namorado, entérase dunha historia terrorífica que xira arredor da veciña.
Miedos
Germán Sancho
Estrea en Galicia
Os medos máis terroríficos agardan a unha nena no seu cuarto cando se apaga a luz, antes de durmir. Aínda que o pai intenta tranquilizala, a escuridade e o descoñecido son moito máis poderosos e voraces. E algo aínda peor: agochan unha realidade arrepiante.
El Cuento
The Tale
Lucas Paulino, Ángel Torres
Estrea en Galicia
Unha bruxa que observa desde o piso do enfronte e un conto que ningún neno debería escoitar. Dani intenta durmir na litera de arriba, mentres a súa nai lle conta un conto a Lucas na litera de abaixo… pero quen é realmente a muller que está contando ese conto? Mellor non asomes a cabeza…
Co Cu Torcido
Desaliento
Pinky Alonso
Estrea en Galicia
Despois de facer o amor, unha parella comeza unha discusión na que afloran segredos inconfesables que os levarán a un final que nunca imaxinarían.
Lay Them Straight
Robert DeLeskie
Estrea en Galicia
Unha moza adolescente que loita contra o trastorno obsesivo-compulsivo ten que enfrontarse cada día aos acosadores do instituto, ata que un evento traumático a convence de que o seu trastorno pode ser un indicio de poderes sobrenaturais.
Limbo
Daniel Viqueira
Estrea en Galicia
A incapacidade de Xosé para aceptar a nova realidade da súa vida empúxao a unha espiral de autodestrución.
- Nomeado ao Méliès d'Or á Mellor Curtametraxe Fantástica Europea, European Fantastic Film Festivals Federation (2020)
- Fantasia International Film Festival (Canadá, 2019)
- Premio do Xurado Novo, Festival Iberico de Badajoz (España, 2019)
- Calaverita de Bronce, Morbido Film Fest (México, 2019)
El Llibre
Francesca Català Margarit
Estrea en Galicia
O día monótono dunha bibliotecaria vese interrompido por un libro indisciplinado nesta encantadora curta da escritora e directora Francesca Català.
Escalada
Nacho Solana
Estrea en Galicia
Unha situación tan cotiá como buscar aparcadoiro remata nunha inesperada escalada de violencia.
Lo siento mi amor
I'm Sorry, My Love
Eduardo Casanova
Estrea en Galicia
Un matrimonio que representa o soño americano está inmerso nunha crise persoal. Jackie está cansa de finxir, pero a responsabilidade é demasiado grande e complicada. No medio da Guerra Fría do matrimonio Kennedy, aparece un terceiro inesperado. Un terceiro que cambiará a historia, ou como nola contaron.
Frikismo do País
Terror na Batea
Diego López Curros
Estrea en Galicia
Un día normal en Rianxo, dúas parellas xúntanse para pasar a tarde ao sol asando mexillóns. Co que non contaban é que ao doutor Pedro Madruga se lle escapou o seu máis grande exemplar modificado xeneticamente.
Los Amigos, La Pinícula
Omar Rabuñal Varela
Estrea en Galicia
Un proxecto tolo sobre un grupo de amigos que fai unha película.
Humor Freak vol. 1
Hou Vast
Hang On
Bart Schrijver
Estrea en Galicia
Dennis, un limpador de fiestras, cae do 40º andar dun edificio alto. Ten sorte: queda atrapado fóra do 33º andar, pendurado sen axuda fóra da ventá de Debbie, que se está preparando para unha cita. Debido ao vidro insonorizado, a conversa é incómoda e difícil. As situacións torpes van acumulándose nesta comedia bizarra chea de malentendidos.
Le défi du rade (ou l'irrésistible ascension d'un pochard au Paradis)
A Wreck in Paradise
François Zaïdi
Estrea en Galicia
No corazón da noite, un home algo bebido acaba de ter un accidente de coche. Pero hai luz ao final do camiño, así como algunhas almas, tan perdidas como el. E, con todo, o destino está a piques de darlle unha última oportunidade.
Maldición Fatal
Alberto Guisande
Estrea Mundial
Un gato de felpa, Will, que ten un can de peluche, Ricky, observa que o seu amigo comeza a ter comportamentos estraños. Non tarda en descubrir que está posuído polo mesmo demo, polo que emprende un perigoso camiño para salvalo da posesión, coa axuda do poder de Bruce Campbell.
- Premio Escarállome á Mellor Curtametraxe de Humor, GFFF-Galician Freaky Film Festival (España, 2019)
- Premio “Escarállome” (GFFF #2 2019)
O.I.
N'Cee Van Heerden
Estrea en Galicia
Barry ten un problema singular. Ocorréuselle unha idea realmente orixinal. E compartila ten consecuencias.
Humor Freak vol. 2
Justicia Justiciera III Kungfu Karate Annihilator
Justice Justifier III Kungfu Karate Annihilator
Rafa Dengrá
Estrea en Galicia
Ano 1988, o futuro. O mundo está gobernado por bandas de delincuentes punk. Co obxectivo de acabar con eles, uns científicos crean unha arma nuclear selectiva.
Boustifaille
Grub
Pierre Mazingarbe
Estrea en Galicia
Cando Daphnée vai pasar o fin de semana na casa dos seus pais, o seu namorado decide agocharse no maleteiro do seu coche.
Wild
Jan Verdijk
Estrea en Galicia
Unha comedia escura e absurda sobre un pai desconsiderado que está de viaxe coa súa familia.
Antxoni
Rubén Sainz
Estrea en Galicia
Mikel chega coas súas fillas á casa dos seus pais para comer como cada día. O que non espera é a sorpresa que o agarda alí. A súa vida dará un xiro totalmente inesperado e terá que enfrontarse a un gran dilema.
Y ahí, él abre los ojos (И тут он открывает глаза)
And So He Opens His Eyes
Sergei Vasiliev
Estrea en Galicia
Un pequeno estafador, despois dunha coincidencia fallida, atópase no tribunal do máis alá como acusado. O xuíz é un home ao que molestou literalmente ata a morte durante a súa vida.
Que Carallo é Isto?!
La Persistente
Camille Lugan
Estrea en Galicia
Nun resort de esquí, nos Pireneos franceses, Iván vive só coa súa moto: A Persistente. Cando un rival local sevela, Iván obsesiónase con recuperala.
Ça Mouille!
It's Wet!
Alexis Godard, Nan Huang
Estrea en Galicia
Unha muller narcisista vive sen preocuparse do mundo que a rodea e ignorando o ciclo natural do que forma parte. Será ao chegar aos límites do seu amor propio cando terá que atopar unha solución aos desaxustes que causou.
Hotel Royal Co
Rakesh B. Narwani, Paula Villegas
Estrea en Galicia
Tras un longo voo, Almar Takahashi aterra na Costa do Sol; non é a primeira vez que se aloxa en hoteis decadentes. Alí atópase cun recepcionista ao estilo de Norman Bates e cunha vampira que leva anos agochándose en hoteis de Torremolinos.
Helsinki 79
Pablo Fontenla
Estrea en Galicia
40 anos despois do lanzamento de "Helsinki 79", unha canción que segue soando na memoria de varias xeracións de finlandeses, Hans Nykänen decide investigar a especial relación do seu pai cos autores deste himno nórdico.

