Stephen Irwin
Reino Unido / 2024 / Animación / 5 min.
Edición
Selección
Tipo de Estrea
Sinopse
A morte ocupa o centro do escenario e espectadores sen rostro aplauden o inevitable nunha serie de soños asasinos.
Stephen Irwin
Stephen Irwin é un director e guionista británico de animación. As súas películas gañaron múltiples premios e proxectáronse en máis de 100 festivais internacionais de cinema, entre eles catro veces no Festival de Sundance. En 2024, World to Roam foi unha das seis películas finalistas na categoría de curtametraxes británicas de animación dos premios BAFTA.
Filmografía
- World to Roam (2023)
- Boy Oh Boy (2020)
- Wood Child & Hidden Forest Mother (2020)
- The Obvious Child (2014)
Premios e Nominacións
- 35º World Festival of Animated Film - Animafest Zagreb (Croacia, 2025)
- 47º Le COURT - Festival international du court métrage de Clermont-Ferrand (Francia, 2025)
- 43º Sundance Film Festival (EUA, 2025)
- 21º London Short Film Festival (Reino Unido, 2024)
Información adicional
Linguas: Francés
Título orixinal: A Round of Applause for Death
Título internacional: A Round of Applause for Death
A curta A Round of Applause for Death (Reino Unido, 2024) dirixida por Stephen Irwin foi seleccionada nas seccións Que Carallo é Isto?! e Que Carallo é Isto?! vol. 3 na edición GFFF #9 2025 do Galician Freaky Film Festival en Vigo, Galicia, o festival internacional de cine de xénero, freak e fantástico, membro competitivo da Méliès International Festivals Federation e o único festival do mundo que subtitula todas as curtametraxes en galego.

