Carlos Calvar Tomé

Galicia / 2025 / Drama / 9 min.

Edición

Selección

Poster Curtametraxe Boca de Asno (2025) Carlos Calvar Tomé - Galicia - Drama

Sinopse

En plena pandemia de coronavirus, Ximena amence con moita fame. Outra mañá as súas accións repítense coma se dun mal chiste tratásese. Outro día da marmota transcorre, ata que un pequeno detalle cámbiao todo: levar unha tixola vella ao momento verde.

Fotograma Curtametraxe Boca de Asno (2025) Carlos Calvar Tomé - Galicia - Drama
Carlos Calvar Tomé

Carlos Calvar Tomé

Carlos Calvar naceu en Pontevedra en 1992. Desde pequeno mostrou interese pola poesía, os relatos curtos e o teatro. Estudou Filosofía na USC e posteriormente graduose en Cinematografía na escola Bande à Part, especializándose en dirección e guión. Complementou a súa formación con cursos e seminarios impartidos por cineastas como Pedro Costa, Michel Gaztambide, Mariano Llinás, Fernando Trueba e Aaron Sorkin. Tras a súa graduación, comezou a traballar no departamento de dirección en diversos proxectos cinematográficos, destacando Mantícora de Carlos Vermut, Marlowe de Neil Jordan e Un Lugar Común de Celia Giraldo. Tamén participou en varias series españolas, como El Jardinero, Ayla y los Mirror, Supernormal, Sentimos las molestias, FOQ: Nueva Generación, Entretierras e Express, entre outras. A súa obra explora a soidade desde un enfoque nostálxico, utilizando o realismo máxico como selo persoal. Nos seus traballos, busca constantemente a fusión entre soño e realidade como un mesmo ente. En 2020, estreou o documental A Noite das Cen Lúas, co apoio da Xunta de Galicia, sobre os Entroidos de Cobres. En 2021, o seu proxecto final de grao, Rapsodia sobre una manzana, foi seleccionado en máis de 20 festivais nacionais e internacionais. En 2022, ganou o premio do público no Festival de Cans polo videoclip Mírame do artista Queco Lago. En 2024 graba a curtametraxe Boca de Asno, actualmente en fase de distribución.

Filmografía

  • Rapsodia sobre una manzana (2021)
  • A Noite das Cen Lúas (2020)

Premios e Nominacións

  • Premio á Mellor BSO, 22º Festival de Cans (España, 2025)
  • 11º Fancine de Lemos – Festival de xéneros fantásticos (España, 2025)
  • 18º FICBUEU - Festival Internacional de Cinema de Bueu (España, 2025)
  • 1º Festival Internazionale d’Arte Cinematografica di Chia (Italia, 2025)

Información adicional

Linguas: Galego

Título orixinal: Boca de Asno

A curta Boca de Asno (Galicia, 2025) dirixida por Carlos Calvar Tomé foi seleccionada na sección Serie B-estial na edición GFFF #9 2025 do Galician Freaky Film Festival en Vigo, Galicia, o festival internacional de cine de xénero, freak e fantástico, membro competitivo da Méliès International Festivals Federation e o único festival do mundo que subtitula todas as curtametraxes en galego.

Switch to English