JOUNG Yumi

Corea do Sur / 2024 / Animación, Experimental / 7 min.

Poster Curtametraxe Circle (2024) JOUNG Yumi - Corea do Sur - Animación, Experimental

Sinopse

Unha nena debuxa un círculo no chan. As persoas que pasan van entrando nel, unha a unha. Pronto, o círculo está cheo de xente.

Fotograma Curtametraxe Circle (2024) JOUNG Yumi - Corea do Sur - Animación, Experimental
JOUNG Yumi

JOUNG Yumi

A directora Yumi JOUNG licenciouse en Belas Artes e completou a súa formación en dirección de animación na Korean Academy of Film Arts (KAFA). Dende entón, vén desenvolvendo un traballo destacado no eido da animación e da literatura infantil ilustrada, empregando unha técnica delicada e distintiva baseada no debuxo a lápis.

A súa obra máis recente, GLASSES, foi convidada en 2025 á Semana da Crítica do Festival de Cannes.

No ámbito editorial, en 2014 Dust Kid foi publicada como álbum ilustrado e recibiu o prestixioso Bologna Ragazzi Award, galardón que volvería acadar ao ano seguinte con My Little Doll’s House.

En 2019, Yumi Joung foi nomeada membro da Academy of Motion Picture Arts and Sciences (AMPAS), en recoñecemento á súa traxectoria artística internacional.

Filmografía

  • Glasses (2025)
  • Paranoid Kid (2024)
  • The Waves (2023)
  • House of Existence (2022)

Premios e Nominacións

  • Mención Especial, 26º BIAF - Bucheon International Animation Festival (Corea do Sur, 2024)
  • Premio Especial do Xurado, 34º World Festival of Animated Film - Animafest Zagreb (Croacia, 2024)
  • Mención Especial, 28º REGARD, Saguenay International Short Film Festival (Canadá, 2024)
  • 63º Annecy Festival - Festival international du film d'animation (Francia, 2024)

Información adicional

Título orixinal: Circle

Título internacional: Circle

A curta Circle (Corea do Sur, 2024) dirixida por JOUNG Yumi foi seleccionada na sección Alimento para o Maxín na edición GFFF #9 2025 do Galician Freaky Film Festival en Vigo, Galicia, o festival internacional de cine de xénero, freak e fantástico, membro competitivo da Méliès International Festivals Federation e o único festival do mundo que subtitula todas as curtametraxes en galego.

Switch to English