Nespy 5euro
Italia / 2025 / Animación, Experimental, Terror / 4 min.
Edición
Selección
Tipo de Estrea
Sinopse
Algo estraño ocorre na piscina familiar cando os seus pais non están na casa. Unha grosa corda, unha especie de serpe venosa, sae do desaugadoiro e suxéitalle polo cu.
Nespy 5euro
Nado na Cidade de México, nun entorno dominado pola “fealdade” e por muros grises en lugar de árbores —con postes eléctricos como paisaxe, edificios como montañas e ratas e cans vagabundos como fauna salvaxe—, o artista desenvolve o seu traballo seguindo a estética bruta e grotesca coa que medrou. Grazas ás súas raíces, non dubida en mesturar, destruír e modificar os fundamentos daquilo que a súa cultura lle ensinou a considerar belo ou non. Define o seu espazo creativo como unha pequena casa no medio do “val do desacougo”, onde habita e experimenta co estraño e o inquietante.
Filmografía
- La Isla Bonita (2025)
- Le Case Di Achille (2024)
- Marugenios (2024)
- L'Uomo Piu Buono del Mondo (2023)
- I Senza Nomi (2023)
Premios e Nominacións
- 13º La Guarimba Film Festival (Italia, 2025)
Información adicional
Título orixinal: Drain Snake
Título internacional: Drain Snake
A curta Drain Snake (Italia, 2025) dirixida por Nespy 5euro foi seleccionada na sección Serie B-estial na edición GFFF #9 2025 do Galician Freaky Film Festival en Vigo, Galicia, o festival internacional de cine de xénero, freak e fantástico, membro competitivo da Méliès International Festivals Federation e o único festival do mundo que subtitula todas as curtametraxes en galego.

