David "Callahan" Ruiz

España / 2024 / Comedia, Terror / 13 min.

Edición

Selección

Tipo de Estrea

Poster Curtametraxe Evil Sex (2024) David "Callahan" Ruiz - España - Comedia, Terror

Sinopse

Os irmáns Peñafuerte acoden á casa do seu defunto pai, un excéntrico millonario, para ler o testamento. Alí, o seu avogado e testamenteiro infórmalles de que, como condición para cobrar a herdanza, deben cumprir unha serie de condicións un tanto peculiares...

Fotograma Curtametraxe Evil Sex (2024) David "Callahan" Ruiz - España - Comedia, Terror
David "Callahan" Ruiz

David "Callahan" Ruiz

Licenciado en Comunicación, Publicidade e RRPP, e tamén en Historia na UdG. Crítico de cinema e articulista. Curtametraxista desde 2004 como guionista e director, un formato co que cultivou numerosos recoñecementos. En 2013 crea a webserie de humor Scalleti: Girona connection. Membro fundador da produtora Factoría Corman e co-director do ‘Acocollona't, Setmana de cinema fantàstic i de terror de Girona’. En 2014 publica a súa primeira novela, El Crit de lles Ultracoses, finalista no Premio de novela ciencia-ficción da UPC e finalista nos Premios Ictineu de novela de ciencia-ficción 2016. En 2019 estrea oa súa primeira longa, Sant Martí, slasher en clave de humor negro recoñecido cunha decena de galardóns e máis de medio centenar de seleccións internacionais. No ano 2023 estrea o seu segundo filme, El sabater d’Ordis, unha adaptación dunha das obras clave da poesía catalana.

Filmografía

  • Sant Martí (2019)
  • El Sabater d'Ordis (2023)

Premios e Nominacións

  • Mellor Curtametraxe Fantástica, 13º Calgary Horror Con (Canadá, 2025)
  • Mellor Curtametraxe, 8º Ezcaray en Corto - Festival Nacional de Cortometrajes (España, 2024)
  • 10º Horrorant International Film Festival (Grecia, 2025)
  • 36º Concurs de Curts Fantàstics i de Terror de Sants (España, 2024)

Información adicional

Linguas: Castelán

Título orixinal: Evil Sex

Título internacional: Evil Sex

A curta Evil Sex (España, 2024) dirixida por David "Callahan" Ruiz foi seleccionada na sección Serie B-estial na edición GFFF #9 2025 do Galician Freaky Film Festival en Vigo, Galicia, o festival internacional de cine de xénero, freak e fantástico, membro competitivo da Méliès International Festivals Federation e o único festival do mundo que subtitula todas as curtametraxes en galego.

Switch to English