Charli Sangar

España / 2024 / Animación, Terror, Thriller / 15 min.

Edición

GFFF #9 2025

Selección

Serie B-estial

Tipo de Estrea

Estrea en Galicia
Poster Curtametraxe Frecuencia Z (2024) Charli Sangar - España - Animación, Terror, Thriller

Sinopse

Uns científicos conseguiron someter a vontade das persoas utilizando unha frecuencia sonora. O proxecto parece exitoso ata que descobren que ese son ten outra perigosa virtude...

Fotograma Curtametraxe Frecuencia Z (2024) Charli Sangar - España - Animación, Terror, Thriller
Charli Sangar

Charli Sangar

Charli Sangar é un cineasta e músico barcelonés nado en 1979. Pasou anos militando en varias bandas de música metal de Barcelona. Sempre foi un apaixonado do cinema en xeral e do cinema de terror en particular, e foi precisamente mentres preparaba e gravaba os videoclips para as súas bandas, cando se centrou máis a fondo na súa carreira como cineasta.
Foi o creador dos catro videoclips oficiais de Soul Dealer e tamén fixo varios máis co técnica stop-motion.
Empezou a realizar curtas de animación stop-motion por mor do confinamento de 2020. Rodounas todas cun teléfono móbil, plastilina e moita pintura vermella, e para a súa sorpresa, logrou moitas seleccións en festivais de cinema de todo o mundo e mesmo foi premiado co galardón de mellor curta de animación en moitas ocasións.

En 2024 presentou a súa primeira longametraxe Cuentos Sangrientos a la Luz de la Hoguera que inclúe as súas curtametraxes e é unha clara homenaxe ás producións da Hammer e Amicus, baseadas nunha compilación de varias historias de terror.

Filmografía

  • El Árbol (2023)
  • Sangre Sangrienta (2022)
  • Las Putas Pastillas (2021)

Premios e Nominacións

  • Mellor Curtametraxe Sang Boi, 5º FANTBOI - Festival de Cine Fantástico de Sant Boi (España, 2025)
  • 23º Festival de Cortometrajes Caostica (España, 2025)
  • 20º BUT Film Festival (Países Baixos, 2025)
  • 26º Fantosfreak - Festival Internacional de Curtmetratges Fantàstics i Freaks de Cerdanyola del Vallès (España, 2025)

Información adicional

Linguas: Castelán

Título orixinal: Frecuencia Z

A curta Frecuencia Z (España, 2024) dirixida por Charli Sangar foi seleccionada na sección Serie B-estial na edición GFFF #9 2025 do Galician Freaky Film Festival en Vigo, Galicia, un festival internacional de cine de xénero e o único festival do mundo que subtitula todas as curtametraxes en galego.