Yinxue Li

China / 2024 / Animación / 7 min.

Edición

GFFF #9 2025

Selección

Que Carallo é Isto?!Que Carallo é Isto?! vol. 1

Tipo de Estrea

Estrea en España
Poster Curtametraxe human-faced cockroach (蛊) (2024) Yinxue Li - China - Animación

Sinopse

O protagonista rómpelle as pernas a unha horrible cascuda con rostro humano, só para ser capturado pola toleada multitude como sacrificio a un novo deus, anfitrión dun gran festival nunca antes visto nun pobo abatido.

Fotograma Curtametraxe human-faced cockroach (蛊) (2024) Yinxue Li - China - Animación
Yinxue Li

Yinxue Li

Yinxue Li nada en 1999 en Xinjiang, China, graduouse en 2023 en Belas Artes pola Academy of Arts & Design da Universidade de Tsinghua.
Human-faced Cockroach é a súa primeira curtametraxe de animación realizada de forma independente. Na actualidade traballa como artista independente e reside en Pequín.

Premios e Nominacións

  • 28º Short Shorts Film Festival & Asia 2025 (Xapón, 2025)
  • 25º MONSTRA - Festival de Animação de Lisboa (Portugal, 2025)
  • 9º CAFF - The Cultural Animation Film Festival (EUA, 2025)
  • 13º China Independent Animation Film Forum (China, 2025)

Información adicional

Título orixinal: 蛊

Título internacional: human-faced cockroach

A curta human-faced cockroach (蛊) (China, 2024) dirixida por Yinxue Li foi seleccionada na sección Que Carallo é Isto?! na edición GFFF #9 2025 do Galician Freaky Film Festival en Vigo, Galicia, un festival internacional de cine de xénero e o único festival do mundo que subtitula todas as curtametraxes en galego.

Switch to English