Thirza Ingold

Suíza / 2023 / Animación, Comedia / 6 min.

Poster Curtametraxe Kill Your Darlings (2023) Thirza Ingold - Suíza - Animación, Comedia

Sinopse

Se hai algo que a granxeira Olga adora máis que aos seus porcos, é unha costeleta de porco. Cando os porcos que descortiza descobren que poden seguir influíndo nos acontecementos da granxa despois da súa morte, iníciase un círculo vicioso.

Fotograma Curtametraxe Kill Your Darlings (2023) Thirza Ingold - Suíza - Animación, Comedia
Thirza Ingold

Thirza Ingold

Thirza Ingold naceu en 1981. Formouse na Universidade de Educación do Profesorado de Berna e, posteriormente, deu clase na rexión de Berna e no val do Emmental. Aprendeu de maneira autodidacta os fundamentos da pixilación e da claymation, e en 2010 matriculouse no grao en Animación 3D na HSLU — Universidade de Ciencias Aplicadas e Artes de Lucerna. Recibiu o seu diploma en 2013. Desde 2011, imparte obradoiros de animación para nenos, nenas e mocidade en espazos seleccionados e en eventos culturais en Berna e Basilea. Actualmente, ensina deseño na cidade de Winterthur. Comezou o seu mestrado en Animación na HSLU en 2018, graduándose co filme “Kill Your Darlings”.

Filmografía

  • Mach mau chli Füür (2013)
  • Les Soeurs du Cœur (2012)

Premios e Nominacións

  • 22º NIFFF - Neuchâtel International Fantastic Film Festival (Suíza, 2023)
  • 24º TOHorror Fantastic Film Fest (Italia, 2024)
  • 17º Fest Anča International Animation Festival (Eslovaquia, 2024)
  • 26º MECAL - Festival Internacional de Cortometrajes y Animación de Barcelona (España, 2024)

Información adicional

Título orixinal: Kill Your Darlings

Título internacional: Kill Your Darlings

A curta Kill Your Darlings (Suíza, 2023) dirixida por Thirza Ingold foi seleccionada nas seccións Co Cu Torcido e Co Cu Torcido vol. 2 na edición GFFF #9 2025 do Galician Freaky Film Festival en Vigo, Galicia, o festival internacional de cine de xénero, freak e fantástico, membro competitivo da Méliès International Festivals Federation e o único festival do mundo que subtitula todas as curtametraxes en galego.

Switch to English