Martín Ortego

España / 2024 / Comedia, Terror / 5 min.

Edición

Selección

Tipo de Estrea

Poster Curtametraxe La noche de los sepultófagos (Night of the Body Fagocitators) (2024) Martín Ortego - España - Comedia, Terror

Sinopse

Manchuria, 1918, un tren de pasaxeiros é aterrorizado por un monstro extraterrestre. Sobrevivirá algún viaxeiro ao seu feroz ataque? Este tráiler dun hipotético clásico de culto do terror dos anos 70 ofrece moito gore e referencias ao xénero que todos coñecemos e amamos.

Fotograma Curtametraxe La noche de los sepultófagos (Night of the Body Fagocitators) (2024) Martín Ortego - España - Comedia, Terror
Martín Ortego

Martín Ortego

Martín Ortego (Madrid, 2004) é estudante do Grao en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, ademais de ilustrador e director de arte en producións audiovisuais.

Ten exercido como director de arte en proxectos audiovisuais recoñecidos, como Orlock (2023) ou La Leyenda del hombre mono de Guadalajara (2022), e ten participado en festivais como a Semana de Cine Español de Carabanchel, o MUVIES, o Festival de Cine de Terror de Navarra ou o CVLTOFEST.

Na actualidade, co-dirixe CVLTO Filmmaking, un selo de produción de cinema underground.

Filmografía

  • La Noche de los Sepultófagos (Night of the Body Fagocitators) (2025)
  • Orlock (2023)
  • La leyenda del hombre mono de Guadalajara (2022)

Reparto

  • Guadiana Arauzo (Nun)
  • Iker Cobo (Detective)
  • Gabriel García (Father Pujardov)
  • Martín Ortego (Soldier)
  • David Hernández (Body Fagocitator)
  • Laura Lafourcade (Victim #1)
  • Héctor Moratinos (Victim #2)
  • María Romero (Victim #3)
  • Hanchu Xia (Victim #4)
  • Juan José Palacios (Soviet Officer)

Premios e Nominacións

  • 10º B-Retina, Festival de Cinema de Sèrie B en Cornellà (España, 2025)
  • 4º Corrosivo Film Fest (Costa Rica, 2025)

Información adicional

Linguas: Castelán

Título orixinal: La noche de los sepultófagos

Título internacional: Night of the Body Fagocitators

A curta La noche de los sepultófagos (Night of the Body Fagocitators) (España, 2024) dirixida por Martín Ortego foi seleccionada na sección Serie B-estial na edición GFFF #9 2025 do Galician Freaky Film Festival en Vigo, Galicia, o festival internacional de cine de xénero, freak e fantástico, membro competitivo da Méliès International Festivals Federation e o único festival do mundo que subtitula todas as curtametraxes en galego.

Switch to English