Gastón Haag
España / 2023 / Ficción / 17 min.
Edición
Selección
Tipo de Estrea
Sinopse
Un supermercado onde ao parecer pasa pouca cousa, cuns traballadores que non teñen moito que dicir, pero todo podería cambiar estrepitosamente cun novo compañeiro, ou será que non pasará Nada de nada outra vez?
Gastón Haag
Gastón Haag é guionista e director nado no ano 1985. Moi vinculado ao xénero e a comedia. O seu traballo móvese entre o absurdo, o bizarro, o sanguento e o entretemento, cun estilo moi propio tanto no visual como nos guións.
Director de series como Hay algo en el bosque de STAR+, Backstage ou Hotel Romanov pola cal gañou nos PREMIOS PRODU da industria latina o premio a Mellor director.
Tamén é creador da curtametraxe Superjodidos, gañadora do premio do público no festival Isla Calavera, e estreado en Sitges. Dirixiu Nada de nada, mellor curtametraxe nacional en FANTAELX 2023 e mellor curtametraxe de humor e premio do público en Humor en Corto.
Filmografía
- Nada de Nada (2023)
- Superjodidos (2022)
Premios e Nominacións
- Premio Garmanbozia, FANTOSFREAK - Festival Internacional de Curtmetratges Fantàstics i Freaks (España, 2024)
- FANTBilbao - Festival De Cine Fantástico De Bilbao (España, 2024)
- 56ª Sitges - Festival Internacional Cinema Fantastic de Catalunya (España, 2023)
- Mención Especial, Festival de cine de Terror de Caligari (España, 2024)
Información adicional
Linguas: Castelán
Título orixinal: Nada de Nada
A curta Nada de Nada (España, 2023) dirixida por Gastón Haag foi seleccionada na sección Humor Freak na edición GFFF #8 2024 do Galician Freaky Film Festival en Vigo, Galicia, un festival internacional de cine de xénero e o único festival do mundo que subtitula todas as curtametraxes en galego.

