Stéphanie Lansaque, François Leroy
Francia / 2025 / Animación, Terror / 16 min.
Edición
Selección
Tipo de Estrea
Sinopse
Phnom Penh. Nakry e Sothear atópanse no peirao de Sisowath para a súa primeira cita. Á noitiña, o romance convértese nun pesadelo cando a moza transfórmase nunha estraña criatura...
Stéphanie Lansaque, François Leroy
Stephanie Lansaque (Marsella, 1978) e François Leroy (Caen, 1978) iniciaron a súa colaboración artística tras a súa primeira viaxe a Asia no ano 2002. Cativados pola atmosfera do continente, decidiron realizar a súa primeira curtametraxe conxunta, Goodbye Mister Chu. Desde entón, levaron a cabo diversos proxectos ambientados en países asiáticos: tres curtametraxes no Vietnam (Red River Sông Hông, Cold Coffee e Cadavre Exquis) e dúas en Hong Kong (Mei Ling e The Awakening of the Insects). Co seu sétimo traballo, Sisowath Quay, situaron por vez primeira a cámara en Camboxa. Dende 2002, comparten vida e proxectos entre París e distintos países de Asia.
Filmografía
- Le réveil des insectes (2021)
- Cadavre exquis (2018)
- Café froid (2015)
- Fleuve Rouge
- Sông Hông (2012)
- Bonsoir Monsieur Chu (2005)
Premios e Nominacións
- 47º SODEC - Marché du court Clermont Ferrand (Francia, 2025)
- 35º World Festival of Animated Film - Animafest Zagreb (Croacia, 2025)
- 28º Short Shorts Film Festival & Asia 2025 (Xapón, 2025)
- 27º BIAF - Bucheon International Animation Festival (Corea do Sur, 2025)
Información adicional
Linguas: Camboiano
Título orixinal: Quai Sisowath
Título internacional: Sisowath Quay
A curta Sisowath Quay (Quai Sisowath) (Francia, 2025) dirixida por Stéphanie Lansaque, François Leroy foi seleccionada nas seccións Arrepío e Arrepío vol. 1 na edición GFFF #9 2025 do Galician Freaky Film Festival en Vigo, Galicia, o festival internacional de cine de xénero, freak e fantástico, membro competitivo da Méliès International Festivals Federation e o único festival do mundo que subtitula todas as curtametraxes en galego.

