Sergio Pereda
Galicia / 2021 / Terror / 15 min.
Edición
Selección
Sinopse
Ismael regresa a casa tras longo tempo faenando sen éxito en alta mar. O pobo galego no que desembarca é unha paisaxe famenta e abatida cun mar morto. A súa muller non parece a mesma persoa, o seu fillo desapareceu. As lendas din que isto xa pasou antes… Ismael terá que enfrontarse a unha terra que xa non é o seu fogar.
Sergio Pereda
Reparto
- Rosalía Castro
- Fernando Rivas
- Milo Taboada
Premios e Nominacións
- Mellor Dirección, 49º CURTAS Festival do Imaxinario (España, 2021)
- 20º IIIFF - Imagine India International Film Festival (España, 2021)
- 2º PUFA - Pucela Fantástica (España, 2025)
Información adicional
Linguas: Galego
Título orixinal: Sombra do Mar
A curta Sombra do Mar (Galicia, 2021) dirixida por Sergio Pereda foi seleccionada na sección Festival Convidado na edición GFFF #9 2025 do Galician Freaky Film Festival en Vigo, Galicia, un festival internacional de cine de xénero e o único festival do mundo que subtitula todas as curtametraxes en galego.

