Pearl Zheng

Taiwán / 2024 / Terror / 22 min.

Poster Curtametraxe Tasty Tongue (美味的舌頭) (2024) Pearl Zheng - Taiwán - Terror

Sinopse

A-Zhe, que maldicía constantemente aos demais, atópase cunha misteriosa e bela muller, Mia, que lle trae lingua asada para que a goce. Ata que A-Zhe descobre que aqueles a os que maldixera convertéronse nas saborosas linguas da mesa do comedor...

Fotograma Curtametraxe Tasty Tongue (美味的舌頭) (2024) Pearl Zheng - Taiwán - Terror
Pearl Zheng

Pearl Zheng

Pearl Zheng é unha artista taiwanesa de 28 anos que explora o cinema como unha vía para enfrontarse aos desafíos e afondar no subconsciente humano. A través dun estilo marcado polo realismo máxico, constrúe relatos nos que acompaña ás súas personaxes nunha viaxe profunda na procura do sentido da existencia.

Filmografía

  • Irresistible Falling (2023)
  • Leaving (2022)
  • How Are You (2022)
  • Helen (2019)

Premios e Nominacións

  • 19º Cryptshow Fest (España, 2025)
  • 26º Chicago Horror Film Festival (EUA, 2025)
  • 3º GASP! Horror Film Festival (Reino Unido, 2025)
  • 10º Portland Horror Film Festival (EUA, 2025)

Información adicional

Linguas: Mandarín

Título orixinal: 美味的舌頭

Título internacional: Tasty Tongue

A curta Tasty Tongue (美味的舌頭) (Taiwán, 2024) dirixida por Pearl Zheng foi seleccionada nas seccións Arrepío e Arrepío vol. 1 na edición GFFF #9 2025 do Galician Freaky Film Festival en Vigo, Galicia, o festival internacional de cine de xénero, freak e fantástico, membro competitivo da Méliès International Festivals Federation e o único festival do mundo que subtitula todas as curtametraxes en galego.

Switch to English