Jungho LEE

Corea do Sur / 2024 / Psicolóxico, Terror / 23 min.

Edición

Tipo de Estrea

Poster Curtametraxe The Island (섬) (2024) Jungho LEE - Corea do Sur - Psicolóxico, Terror

Sinopse

Primeiro, non saias de casa. Segundo, toma unha pastilla e déitate cando escureza. Terceiro, nin se che ocorra tocar a porta pechada con chave. Jae-jun viviu toda a súa vida baixo as tres regras que lle impuxo o seu pai. Ao chegar á puberdade, comeza a rompelas unha por unha.

Fotograma Curtametraxe The Island (섬) (2024) Jungho LEE - Corea do Sur - Psicolóxico, Terror
Jungho LEE

Jungho LEE

Jungho LEE naceu en 1998 en Seúl, Corea do Sur. Licenciouse na Korea National University of Arts, onde se especializou en cinema. Ten dirixido varias curtametraxes, entre as que destaca Jealousy. Esta é a súa terceira obra como director.

Filmografía

  • Jealousy

Reparto

  • CHA Yoo-hyun
  • LIM Ho-jun
  • Seungmin LEE
  • Jaehyun PARK

Premios e Nominacións

  • 28º Short Shorts Film Festival & Asia 2025 (Xapón, 2025)
  • 17º Philadelphia Asian American Film Festival (EUA, 2024)

Información adicional

Linguas: Coreano

Título orixinal: 섬

Título internacional: The Island

A curta The Island (섬) (Corea do Sur, 2024) dirixida por Jungho LEE foi seleccionada nas seccións Arrepío e Arrepío vol. 1 na edición GFFF #9 2025 do Galician Freaky Film Festival en Vigo, Galicia, o festival internacional de cine de xénero, freak e fantástico, membro competitivo da Méliès International Festivals Federation e o único festival do mundo que subtitula todas as curtametraxes en galego.

Switch to English