Ángel Regueiro
Galicia / 2007 / Comedia, Fantasía / 14 min.
Edición
Selección
Sinopse
Armando Duval é un funcionario de correos 'cuarentón' e con excesiva afección polos cómics: leva tebeos ao traballo e aproveita calquera ocasión para lelos. Nun deses momentos, ten que atender a un estraño individuo con aspecto de científico. O home suxírelle que teña 'coidado cos exemplares únicos'. Máis tarde, na súa casa, Duval é sorprendido por dous estraños personaxes.
Ángel Regueiro
Filmografía
- Todo un Personaxe (2007)
- A furia do ceo (2010)
Información adicional
Linguas: Galego
Título orixinal: Todo un Personaxe
A curta Todo un Personaxe (Galicia, 2007) dirixida por Ángel Regueiro foi seleccionada na sección Landrú na edición GFFF #0 2017 do Galician Freaky Film Festival en Vigo, Galicia, un festival internacional de cine de xénero e o único festival do mundo que subtitula todas as curtametraxes en galego.

