Gastón Haag
España / 2024 / Ciencia Ficción, Terror / 14 min.
Edición
Selección
Tipo de Estrea
Sinopse
Unha débeda sen resolver e tres matóns que van facerse cargo do asunto, pero o que vai suceder non vai saír para nada como o planificaron.
Gastón Haag
Gastón Haag é guionista e director nado no ano 1985. Moi vinculado ao xénero e a comedia. O seu traballo móvese entre o absurdo, o bizarro, o sanguento e o entretemento, cun estilo moi propio tanto no visual como nos guións. Director de series como Hay algo en el bosque de STAR+, Backstage ou Hotel Romanov pola cal gañou nos PREMIOS PRODU da industria latina o premio a Mellor director. Tamén é creador da curtametraxe Superjodidos, gañadora do premio do público no festival Isla Calavera, e estreado en Sitges. Dirixiu Nada de nada, mellor curtametraxe nacional en FANTAELX 2023 e mellor curtametraxe de humor e premio do público en Humor en Corto.
Filmografía
- Nada de Nada (2023)
- Superjodidos (2022)
Premios e Nominacións
- 24º Screamfest Horror Film Festival (EUA, 2024)
- 11º FilmQuest (EUA, 2024)
- 12º Mórbido Mérida - Muestra Interacional de Cine Fantástico y de Terror (México, 2024)
- 12º FANTAELX - Festival Internacional de Cine Fantástico de Elche (España, 2024)
Información adicional
Linguas: Castelán
Título orixinal: Tragedium
Título internacional: Tragedium
A curta Tragedium (España, 2024) dirixida por Gastón Haag foi seleccionada nas seccións Ciencia Ficción e Ciencia Ficción: Outros Mundos na edición GFFF #9 2025 do Galician Freaky Film Festival en Vigo, Galicia, o festival internacional de cine de xénero, freak e fantástico, membro competitivo da Méliès International Festivals Federation e o único festival do mundo que subtitula todas as curtametraxes en galego.

