Nitya Lopez

España / 2024 / Comedia / 1 min.

Poster Curtametraxe Uroboros – El mito de Narciso (2024) Nitya Lopez - España - Comedia

Sinopse

Dúas copas de viño sobre a mesa do salón, unha vela apunto de apagarse e roupa polo chan.

Fotograma Curtametraxe Uroboros – El mito de Narciso (2024) Nitya Lopez - España - Comedia
Nitya Lopez

Nitya Lopez

Nitya Lopez é un director e guionista vasco afincado en Bilbao. En 2018 rodou a súa primeira curtametraxe de ficción, Jesus is B(l)ack, coa que obtivo o premio ao Mellor Cineasta Novo no U22 Film Fest. Un ano despois escribiu e dirixiu Infraganti, finalista na edición de 2019 do Notodofilmfest e gañadora do Premio do Público no festival Donosskino (2021).

En 2021 chegou Txoriak Txori, unha peza que acadou máis de 15 seleccións en certames nacionais e internacionais. A súa curtametraxe máis recente como director e guionista é Deadly Draw (Sorteo mortal), realizada en 2023, seleccionada para formar parte do prestixioso catálogo de curtas vascas Kimuak, e que xa suma máis de 30 seleccións en festivais.

Tamén ten experiencia na escrita e dirección de videoclips. Ao longo da súa traxectoria, formouse profesionalmente traballando en máis de vinte series e longametraxes como membro do equipo de dirección. En 2024 dirixe as segundas unidades da serie Zeru Ahoak, de Koldo Almandoz, que se estreará na Sección Oficial do Festival de San Sebastián en 2025.

Filmografía

  • Jesus is B(l)ack (2018)
  • Infraganti (2019)
  • Txoriak Txori (2021)
  • Deadly Draw (2023)

Premios e Nominacións

  • 22º Festival de Cortometrajes Caostica (España, 2024)
  • 18º Cryptshow Fest (España, 2024)
  • 15º Fangofest Amposta - Festival internacional de cinema fantàstic terror i gore (España, 2024)
  • 13º Most - Festival internacional de Cinema del Vi i el Cava (España, 2024)

Información adicional

Linguas: Castelán

Título orixinal: Uroboros - El mito de Narciso

A curta Uroboros – El mito de Narciso (España, 2024) dirixida por Nitya Lopez foi seleccionada nas seccións Co Cu Torcido e Co Cu Torcido vol. 2 na edición GFFF #9 2025 do Galician Freaky Film Festival en Vigo, Galicia, o festival internacional de cine de xénero, freak e fantástico, membro competitivo da Méliès International Festivals Federation e o único festival do mundo que subtitula todas as curtametraxes en galego.

Switch to English