David Salgado Marcote

Galicia / 2024 / Terror / 23 min.

Edición

Tipo de Estrea

Premios do Festival

Poster Curtametraxe Us-her (2024) David Salgado Marcote - Galicia - Terror

Sinopse

US-HER é unha adaptación libre do conto de Edgar Allan Poe, A caída da Casa Usher. Alba e Pedro viven nunha casa en ruínas. Tras a morte da súa nai reciben a visita dos seus catro irmáns, Celia, Laura, Esther e Juan, quen pretende facerse co seu parte da herdanza, vendendo a casa e repartíndose o diñeiro. Pero a casa ten outros plans...

Fotograma Curtametraxe Us-her (2024) David Salgado Marcote - Galicia - Terror
David Salgado Marcote

David Salgado Marcote

David Salgado Marcote (A Coruña, 1979). Vinculado ao sector audiovisual durante máis dunha década en diversas facetas, escribiu, produciu e dirixiu cinco curtametraxes baixo o seu propio selo creado en 2012, Dama Negra Films. Escribe críticas cinematográficas no seu blog de cinema, 24 sombras por segundo. Colaborou no libro da Editorial Berenice, M. Night Shyamalan: El cineasta de cristal, e con Applehead Team nos tres volumes que compoñerán a serie, Un viaje por el cine fantástico y de terror. Actualmente traballa na redacción dun libro orientado á docencia sobre guións cinematográficos para a escola de audiovisuais Treintaycinco mm.

Filmografía

  • El deber y la culpa (2012)
  • La sentencia (2014)
  • El rastro del cazador (2019)
  • Terror Absurdo. Una comedia horrible en dos actos (2023)

Premios e Nominacións

  • 19º River Film Festival (Italia, 2025)
  • 1º Benissa en Corto (España, 2025)
  • 13º Festival de cine de Terror en el Castillo (España, 2025)
  • Premio “Galician Freak” (GFFF #9 2025)

Información adicional

Linguas: Castelán

Título orixinal: Us-her

Título internacional: Us-her

A curta Us-her (Galicia, 2024) dirixida por David Salgado Marcote gañou o prestixioso premio Premio “Galician Freak” como parte das seleccións Arrepío e Arrepío vol. 2 na edición GFFF #9 2025 do Galician Freaky Film Festival en Vigo, Galicia, o festival internacional de cine de xénero, freak e fantástico, membro competitivo da Méliès International Festivals Federation e o único festival do mundo que subtitula todas as curtametraxes en galego.

Switch to English