Pol Diggler
Catalunya / 2021 / Comedia / 8 min.
Edición
Selección
Sinopse
Durante unha elegante festa de Aninovo, dous bailaríns tentarán burlarse do público de clase alta cambiando a canción da súa actuación. A batalla máis inusual está a piques de comezar.
Pol Diggler
Director, guionista e montador. Entusiasta de narrativas arriscadas e innovadoras. Buscando constantemente novos conceptos para sorprender e provocar ao público. Os seus proxectos lograron 700 premios en máis de 1000 festivais incluíndo cualificadores ÓSCAR, GOYA, BAFTA ou MÉLIÈS.
Filmografía
- Sincopat (2023)
- Work it class! (2021)
- Horrorscope (2019)
- Vargonia (2018)
- IP-IS (2018)
Producción: Films de L'Orient, Fergaht
Reparto: Roser Bundó (Bailarina) Artur Villalba (Bailarín) Míriam Marcet (Anfitriona) Morgan Symes (Anfitrión) Edgar Moreno (DJ) José Luis Miranda (Sir Montgomery)
Premios e Nominacións
- Mellor Curta, Dieciminuti Film Festival (Italia, 2022)
- Mención Especial, Festival Internacional de Cortometraje UVAQ (México, 2022)
- Mellor Guión e Mención Especial do Xurado, Tashortfest (España, 2022)
- Mención Especial, Tamizhagam International Film Festival (India, 2021)
Ligazóns
Información adicional
Linguas: Castelán
Título orixinal: Work It Class!
Título internacional: Work It Class!
A curta Work It Class! (Catalunya, 2021) dirixida por Pol Diggler foi seleccionada na sección Humor Freak na edición GFFF #6 2022 do Galician Freaky Film Festival en Vigo, Galicia, un festival internacional de cine de xénero e o único festival do mundo que subtitula todas as curtametraxes en galego.

