9º Festival Internacional de Cine Freak e Fantástico
O Galician Freaky Film Festival emerxe das tebras para a súa 9ª resurrección diabólica!
Prepárate para que a túa cordura se desfaga ante a pantalla mentres Vigo se converte no epicentro mundial do cinema underground máis aloucado. Pesadelos, alucinacións e gargalladas imparables — garantizados.

Suxeitádevos forte, frikis: a loucura está a piques de estalar!
Homenaxe Luis Barboo + Conan The Barbarian
No marco das actividades especiais 9ª edition, renderemos unha merecida homenaxe a unha figura singular e pouco coñecida do cinema galego e da nosa cidade: o actor e especialista Luis Barboo (Vigo, 1927–2001).
Cunha das sesións máis especiais desta #9 edition: a proxección da que probablemente sexa a película máis representativa dentro do subxénero de espada e bruxería, Conan the Barbarian.
Tapas Fantásticas
Como novidade absoluta desta edición, o GFFF estrena o primeiro Roteiro Gastronómico Freak, unha ruta de tapas que quere levar o frikismo do festival á rúa e aos bares. Do 18 ao 26 de setembro, cinco restaurantes da cidade ofrecerán unha Tapa Fantástica creada para a ocasión.

Festival Colega
Este ano temos a honra de contar co TOHorror Fantastic Film Fest (Italia) como festival colega.
O TOHorror Fantastic Film Fest é un dos festivais máis importantes de Italia dedicados ao cinema de xénero. Nacido en 1999 co bautismo dun padriño excepcional, Dario Argento, ten a súa sede na cidade de Turín, Italia.
GFFF INDUSTRY: IRMANDADES DO NORTE
Có obxectivo de seguir ampliando as ligazóns entre festivais e profesionais da xestión cultural, este ano celebraremos novamente, en colaboración coa VIGO FILM OFFICE, unha mesa cadrada na que participarán representantes de festivais de xénero de Euskadi, Navarra, Catalunya e Galicia.
Como complemento a este encontro entre profesionais, realizaremos unha proxección especial para a cal cada un dos festivais convidados seleccionou unha curtametraxe significativa do seu territorio.
GFFF INDUSTRY: A QUE ANDAS, FREAK?
Un ano máis, desenvolvemos este espazo no que poderemos coñecer, da man dos seus creadores, algúns dos novos proxectos galegos que se atopan en distintas fases de desenvolvemento.
O obxectivo con esta proposta é reforzar o festival como punto de encontro para profesionais do sector audiovisual galego, crear sinerxias entre os distintos axentes que participan nunha produción audiviovisual, así como achegar ao noso público o máis novo do audiovisual galego que está por vir.
III FFFG: Feira Fantástica e Freak de Galicia
A exitosa Feira Fantástica e Freak de Galicia está de volta!
Un espazo único onde a arte, a cultura molona e o freakismo máis puro de Galicia se dan cita. Aquí coinciden os puntos de exposición cultural máis interesantes de Vigo xunto cunha selección de artistas que revelan os talentos freaks que Galicia ten agochados.
Exposición e Fanzine DOUTOR VIGO
Froito do concurso de banda deseñada que lanzamos hai uns meses, presentaremos este terceiro volume que reúne algúns dos cómics que participaron na proposta.
Catorce historias que nos levarán a un Vigo ameazado, para ben ou para mal, por un grupo de científicos tolos que son quen de calquera cousa por conseguir o seu obxectivo.
Inauguración

A inauguración da 9ª edición do festival virá cargada de experimentos que saen mal para todos aqueles cinéfilos e amantes das antigas salas de cinema. Para iso, levaremos a cabo unha dobre sesión de cine de mad doctors.
Nesta sesión inaugural proxectaremos dúas comedias de arrepío para encher a sala de gargalladas e berros durante máis de tres horas.
Clausura

“The Rocky Horror Picture Show” redefiniu o concepto de filme de culto para sempre.
O que comezou como unha modesta adaptación cinematográfica dun musical teatral de 1973 converteuse nunha das experiencias cinematográficas máis singulares da historia. Esta obra mestra do camp e o xénero musical-horror, dirixida por Jim Sharman e escrita por Richard O’Brien, revolucionou a cultura popular ao crear unha nova forma de ver cine: a participación activa do público.
Pequefreak: O meu primeiro festival
Os próximos 20 e 21 de setembro volve o Pequefreak – O meu primeiro festival con DOUS DÍAS completos dedicados ao público infantil e xuvenil!
Un evento único na nosa contorna no que os máis cativos poderán iniciarse no marabilloso mundo do cinema freak e no que gozarán da experiencia de vivir o seu propio festival de cinema.
Presentación GFFF #9 na Galería Maraca
Como xa é tradición, regresamos á Galería Maraca, epicentro vibrante do underground local, para ir quentando motores de cara e esta nova edición cun adianto exclusivo da programación do GFFF 2025 e gozaremos dalgunhas das curtametraxes máis celebradas do ano pasado.

Presentación: ODIO – Fnac
Entre as nosas actividades previas ao festival, volveremos a celebrar unha presentación literaria do noso espazo Edgar Allan Freak en colaboración co FNAC Vialia e a Editorial Galaxia.

Zombie Walk
Gustouche? Algo a mellorar?
A GFFF Zombie Walk chega a Vigo como unha das actividades máis esperadas desta edición do GFFF. O que promete ser unha xornada inesquecible transformará o centro da cidade nunha apocalipse zombi festiva, onde a creatividade e o terror se dan a man para crear unha experiencia única.
Apúntate á PASARELA ZOMBI onde a creatividade, a calidade da maquillaxe e a interpretación do personaxe serán avaliadas por un xurado de profesionais do audiovisual. O ou a mellor zombi da noite levará o cobizado premio “Zombie Freak 2025”, unha distinción que prometemos será digna dos mellores mortos vivintes.
Banda Deseñada / Comic
Nesta novena edición, os científicos tolos ou mad doctors serán os protagonistas do festival. Celebraremos unha serie de proxeccións que serán unha homenaxe a todos eses filmes nos que un científico se obsesiona por conseguir algo que supera os coñecementos da súa época retando as leis da física e mesmo ao propio Deus. É hora de berrar ao ceo: “It’s alive!“
Cómo foi a edición GFFF 2024?
CATÁLOGO GFFF 2024 DIXITAL
Descarrega o catálogo completo do GFFF 2024.
PATROCINIO
Conecta coa audiencia que outros non alcanzan.
Daremos visibilidade ao teu negocio mentres axudas a un evento cultural coma ningún outro. Máis información no noso dossier comercial.
VOLUNTARIADO
Queres formar parte da maquinaria que fai posible o imposible? O festival precisa das túas mans, o teu cerebro e o teu espírito freak.
Entra a formar parte do equipo e vive un festival único dende dentro. Toda unha experiencia que esixe dinamismo e devolve unha experiencia única e novas amizades.
FAITE VOLUNTARIA/O — BECOME A VOLUNTEER
PRENSA
O GFFF unha plataforma internacional que posiciona Galicia no mapa do cinema fantástico global.
Se che interesa cubrir o cinema que se move fóra dos cauces habituais, es benvido/a. Solicita a túa acreditación.
CINEMA FFFREAK
Que vas ver no GFFF? O mellor cinema freak galego, nacional e internacional:
- Curtametraxes!
- Terror e arrepío para que non durmas máis.
- Friquismo do de verdade.
- Humor ata que escache o diafragma.
- Filmes que che van deixar o cu torcido.
- A mellor animación nacional e internacional.
O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Como Festival Internacional de Cinema Freak e Fantástico de Galicia, amosa unha coidada selección nacional e internacional de pezas audiovisuais que soen verse privadas das canles habituais de distribución. Pezas moitas veces inéditas en Galicia, con grandes estreas mundiais, internacionais e nacionais. É o único festival do mundo que subtitula todos os filmes estranxeiros en Galego.

MÁIS QUE CINEMA
O festival é máis ca un simple acontecemento cinematográfico, sendo as proxeccións de películas o epicentro de festas, concertos e actividades. Tamén teremos moita cervexa e máis sorpresas das que poderás procesar!
Iremos ampliando información! Non nos perdas nas redes sociais!
MERCHANDISING OFICIAL
Merca produtos oficiais do GFFF na nosa flamante tenda oficial
O merchandising do GFFF non está dispoñible na tenda online até que finalice o festival
The GFFF merchandise is not available in the online store until the festival ends























