GFFF INDUSTRY
A QUE ANDAS, FREAK?
Xoves, 25 de Setembro ás 11:00
SALA APO’STROPHE.ARTE — PLAZA ELÍPTICA
Un ano máis, desenvolvemos este espazo no que poderemos coñecer, da man dos seus creadores, algúns dos novos proxectos galegos que se atopan en distintas fases de desenvolvemento.
O obxectivo con esta proposta é reforzar o festival como punto de encontro para profesionais do sector audiovisual galego, crear sinerxias entre os distintos axentes que participan nunha produción audiviovisual, así como achegar ao noso público o máis novo do audiovisual galego que está por vir.
Neste work in progress contaremos coa presentación dos seguintes proxectos:
Teatro de sombras de David Salgado Marcote
Produtora
Dama Negra Films
Sinopse
Unha noite, tras cometer un roubo, unha fuxitiva sen nome internase no bosque fuxindo de quen a persegue, non para recuperar o diñeiro, senón para vingarse. Alí non atopa o refuxio que agardaba, pero unha estraña figura aparecida entre as árbores ofreceralle unha opción. Se a acepta, internarase nun mundo que nunca vira antes, un mundo habitado por visións, coma as figuras dun teatro de sombras, onde o engano é a única realidade.
Participa
David Salgado Marcote, director.

Inesiña de Gutier Rolán
Sinopse
Unha curtametraxe inspirada no relato Vampiro de Emilia Pardo Bazán.
Fortunato Gayoso, un home de 88 anos, retorna ó seu pobo natal en Galicia cunha grande fortuna e comeza a mercar terras e a reformar unha mansión.
Os meses pasan e Fortunato vai rexuvenecendo visiblemente mentres que a súa nova muller, Inesiña, debilítase…
Participa
Guiter Rolán, director.

Nargual Review – La Película de Nico “Nargual” González

Sinopse
Nargual, o intrépido crítico de cinema, vese envolto nunha aventura épica na que, ao provocar ao malvado extraterrestre Pengle Pongli cunha das súas críticas e poñer en perigo aos seus amigos, á súa irmá e a todo o mundo, debe enfrontarse ao seu pasado, do que leva fuxindo toda a súa vida, para poder salvar o seu mundo.
Participan
Nico “Nargual” González – Director, guionista e editor.
Víctor Soho, produtor e compositor.
Álvaro Morais, sonidista e posprodución de son.


Whisperwoods de Carlos Almón

Sinopse
Un reputado youtuber aventureiro está a comezar o seu maior reto ata o de agora: pasar sete días acampando el só no bosque máis grande e misterioso do país. Enfrontarase á soidade das fragas, ignorando que, con cada paso, se está a internar no territorio de caza dun asasino en serie.
Participa
Carlos Almón, director.

Cheo de ruído e de furia de Fernando Tato

Produtora
Kraken Media
Sinopse
Ramiro é un home que está farto. Está farto de aturar as festas dos seus veciños, as eternas obras da súa rúa, a mala educación e a desidia do funcionario de quenda… Cando a súa situación persoal chega a un punto crítico pola enfermidade do seu pai e pola súa recente separación, Ramiro comeza a confundir os límites da realidade. Os seus desexos de facer dano a toda esa xente maleducada e egoísta desátanse nunha espiral de caos e violencia. Ou non?
Participa
Fernando Tato, director.

A xusta ira de Fernando Tato

Produtora
Kraken Media
Sinopse
Ramiro é un home que está farto. Farto de aturar as festas dos seus veciños, as eternas obras da súa rúa, o seu traballo precario… O día que Ramiro, involuntariamente, fulmina mortalmente a un maleducado comensal que non deixa de foder co móbil nun restaurante, a súa vida cambia. Decátase de que ten o poder de provocar violentas desgrazas á xente que o enfurece. Agora Ramiro pode facer pagar a toda esa xente que vai pola vida sen ter en conta aos demáis e sen decatarse de que se ti non recolles a merda do teu can, alguén máis a pode pisar. E vaise enfadar.
Participa
Fernando Tato, director.


