Decorado, a nova película de Alberto Vázquez, estrearase en cines o próximo 24 de Outubro. Antes de pasar polo Fantastic Fest e Sitges, Alberto estará no GFFF para falar do proceso creativo da película, da súa arte e animación e de tódolos procesos complexos dunha película de animación.

Alberto Vázquez

Director de animación, ilustrador e debuxante de banda deseñada. Os seus libros foron editados en países como España, Francia, Italia, Brasil ou Corea.

Escribiu e dirixiu curtametraxes de animación como Birdboy, Sangue de unicornio, Decorado ou Homeless Home, así como longametraxes como Psiconautas, Unicorn Wars e a recente Decorado.

O seu traballo foi recoñecido con catro Premios Goya, e as súas obras foron exhibidas en prestixiosos festivais internacionais como Cannes, EFA Awards, Toronto, Annecy, Clermont-Ferrand ou Sitges.