MESA VIGO FILM OFFICE:
II ENCONTRO ENTRE FESTIVAIS – IRMANDADES DO NORTE
Venres, 26 de setembro ás 11:00
SALA APO’STROPHE.ARTE – PLAZA ELÍPTICA
ENCONTRO ENTRE FESTIVAIS
Có obxectivo de seguir ampliando as ligazóns entre festivais e profesionais da xestión cultural, este ano celebraremos novamente, en colaboración coa VIGO FILM OFFICE, unha mesa cadrada na que participarán representantes de festivais de xénero de Euskadi, Navarra, Catalunya e Galicia.
Actividade complementaria
Sesión especial: Irmandades do Norte
Un encontro no que falaremos sobre a saúde do cinema de xénero no noso país en xeral, nas respectivas comunidades autónomas máis concretamente, e no que se expoñerán as facilidades e as dificultades nas que se atopan tanto artistas como equipos de programación á hora de crear obras e construír seleccións nas que se manifeste o talento de cada comunidade autónoma no eido do terror e da fantasía.

Participan nesta mesa cadrada:

JOSEMI BELTRÁN
En representación da Semana de Cine Fantástico y de Terror de San Sebastián (Euskadi)
Responsable desde 2011 da Unidade de Cinema de Donostia Kultura, o que implica ser o director da Semana de Cinema Fantástico e de Terror, así como do Festival de Cinema e Dereitos Humanos. O seu equipo organiza tamén os ciclos clásicos Nosferatu en Donostia. Xornalista e cineclubista de formación, apaixonado polo cinema e pola cultura en todas as súas formas.

ROGER SÀBAT
En representación de Terror Molins – Festival de Cine de Terror de Molins de Rei e da Asociación TAC – Terror Arreu de Catalunya (Catalunya)
Desde o ano 2001 forma parte da organización do Festival de Cinema de Terror de Molins de Rei, no que desenvolve tarefas como programador de curtametraxes, responsable de performances, coordinador e, actualmente, presidente da asociación. Así mesmo, tamén é membro da Federación Terror Arreu de Catalunya (TAC), que agrupa 16 festivais de xénero cataláns e que unha vez ao ano outorga os Premios TAC ás mellores curtametraxes de terror e fantástico de produción catalá. Fóra do cinema, é un apaixonado do arroz e do Lego Technic.

AGUSTÍ LLOBERAS DEL CASTILLO
En representación de Terror Molins – Festival de Cine de Terror de Molins de Rei (Catalunya)
Membro da organización do Festival de Cinema de Terror de Molins de Rei desde o ano 2015. A partir de 2017, asumiu responsabilidades como programador de curtametraxes do festival, unha tarefa que lle apaixoa. Tamén forma parte da sección educativa do festival, tanto na sección TerrorKids (dirixida ao público familiar) como na Sessió Instituts (enfocada ao público adolescente).

JACINT ESPUNY
En representación do FangoFest – Festival Internacional de Cinema Fantàstic Terror i Gore (Catalunya)
Director, guionista e produtor de cinema gore. Dende 2005, ano no que fundou a produtora Kutrefacto Films, participou en máis de trinta proxectos entre curtametraxes, longametraxes e documentais. Cómpre destacar a súa triloxía de El hijo de la naranjo e a longametraxe Infección Zombi (2016), distribuída a nivel internacional. Na actualidade está a producir a longametraxe Once upon a time in Jerusalem. Tamén dirixe o Fangofest Amposta, festival internacional de cinema fantástico, terror e gore, que se celebra desde hai máis de quince anos.

MIGUEL SUÁREZ DEL CERRO
En representación do Festival Internacional de Cine Fantástico y de Terror de Navarra (Navarra)
Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Navarra, é guionista e programador cultural. Recibiu premios de guión e ensaio outorgados por DarTV (2011), Expresarte Navarra (2014) e Valores Universales de Zaragoza (2014). É fundador e director do Festival Internacional de Cinema Fantástico e de Terror de Navarra, en activo desde 2012, e tamén dirixe o Ciclo de Cinema Ruso de Pamplona, dedicado á difusión desta cinematografía. Ten organizado e programado numerosas mostras audiovisuais na capital navarra e é autor do libro Miradas rusas en Pamplona.

ANABEL SOTO
En representación de Lóstrego – Festival de Cinema Fantástico (Galicia)
Creadora e actual codirectora do Festival Lóstrego da Coruña. Exerce tamén como codirectora do Fancine de Lemos e do Festival de Monforte. Formouse na Coruña nos ciclos superiores de Realización e de Produción de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos. Destaca polo seu compromiso coa defensa da curtametraxe e coa promoción das obras audiovisuais galegas.

LUIS M. ROSALES
En representación do Curtas – Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa (Galicia)
Recoñecido experto no xénero fantástico avalado por ser o director da revista Scifiworld, a máis exitosa e lonxeva publicación española dedicada ao cinema fantástico. Ademais de escribir en revistas como a norteamericana Fangoria, a italiana Nocturno, ou a francesa L’Ecran Fantastique, posúe unha ampla experiencia dirixindo, programando e/o colaborando en numerosos festivais internacionais. Actualmente dirixe o festival internacional de cinema fantástico e de terror de Galicia, Curtas Festival do Imaxinario.
Esta actividade conta co respaldo de:

Vigo Film Office (VFO) é un departamento da Fundación Vigo Convention Bureau, entidade sen ánimo de lucro, que promociona a cidade como escenario de rodaxe de producións audiovisuais, asiste ás produtoras e profesionais que elixan Vigo, e estimula o investimento e o desenvolvemento local. En definitiva, ofrecen ás empresas produtoras todas as facilidades para aforrar tempo, esforzo e diñeiro ao rodar na nosa cidade.

