CHARLA HOMENAXE
LUIS BARBOO: O VIGUÉS QUE CAMIÑOU COAS ESTRELAS
Martes 23 de Setembro ás 20:00
SALA APO’STROPHE.ARTE – PLAZA ELÍPTICA
No marco das actividades especiais 9ª edition, renderemos unha merecida homenaxe a unha figura singular e pouco coñecida do cinema galego e da nosa cidade: o actor e especialista Luis Barboo (Vigo, 1927–2001).


Actividade complementaria
SESIÓN: LUIS BARBOO – CONAN THE BARBARIAN
Recoñecido internacionalmente polo seu papel como o Roxo no clásico Conan, o Bárbaro (John Milius, 1982), Barboo desenvolveu unha prolífica carreira cinematográfica ao longo de máis de tres décadas, participando en máis de 150 filmes e compartindo escena con mitos do cinema como Clint Eastwood, Kirk Douglas, Charlton Heston, Christopher Lee, Sean Connery ou Arnold Schwarzenegger.

Previamente á proxección de Conan, o Bárbaro, terá lugar o coloquio “Luis Barboo: o vigués que camiñou coas estrelas”, no que o público terá a oportunidade de achegarse á vida e traxectoria dun actor cuxa historia merece ser contada.
O charla será conducida por:
Josiño Araujo (Vigo, 1986)

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Barcelona, e Produción Audiovisual no I.E.S. Audiovisual de Vigo.
Foi colaborador en distintos medios dixitais e analóxicos (A Nova Peneira, Atlántico Diario, Europa FM e La Marea, baixo pseudónimo), dirixiu varias curtametraxes e videoclips, foi premiado por algún dos seus relatos e leva publicadas dúas novelas: Memorias dun exgalego e San Meteoro.
Na actualidade exerce en Vigo a súa profesión de avogado, intercalándoa coa súa actividade como produtor, distribuidor cinematográfico e escritor.
Miriam P. Álvarez (Vigo, 1990)

Licenciada en Comunicación Audiovisual pola UCM. Comeza a súa andaina colaborando como voluntaria en eventos culturais na cidade de Vigo. Membro fundador do GFFF – Galician Freaky Film Festival, desempeñou a labor de Axudante de Dirección entre 2017 e 2021, asumindo a subdirección desde a edición de 2022.
No eido do audiovisual desenvolveu tarefas de axudante de produción e dirección en videoclips de bandas locais como Broken Peach, Aphonnic, Stoned at Pompeii, Medín ou Cubo Metálico. Presentou e dirixiu os programas youtubeiros Ministerio do Cinema Freak e Cinema Caníbal centrados na divulgación de cinema.

