SESIÓN ESPECIAL: IRMANDADES DO NORTE
Venres, 26 de Setembro ás 17:00
NEW VIDEODROME CINEMA – CINES TAMBERLICK
Como complemento ao encontro entre profesionais da Mesa VIGO FILM OFFICE: Irmandades do Norte, realizaremos unha proxección especial para a cal cada un dos festivais convidados seleccionou unha curtametraxe significativa do seu territorio.
Actividade complementaria
Mesa Vigo Film Office: Irmandades do Norte
Unha sesión na que o público do GFFF, así como os festivais convidados, poderán ter unha boa visión do cinema de xénero que se está a realizar nos últimos anos no norte da península.
SESIÓN ESPECIAL
Pasture Prime
Diffan Sina Norman
Estrea en España
Unha viúva namórase dun home máis novo que coñece na Igrexa Vaqueira.
- Sundance Film Festival (EUA, 2024)
- Raindance Film Festival (Gran Bretaña, 2024)
Siluro, La Bestia del Ebro
Jordi Romero Oya
Estrea en Galicia
Unha estraña desaparición alerta aos servizos de emerxencia. Unha vez chegan, descobren que unha criatura emerxeu das augas do río Ebro.
- Mención Especial, 13ª Setmana de Cinema Fantàstic i de Terror de Girona (España, 2023)
- Premio Millor curt d’espirit Freak, Curt-Movies Festival (España, 2024)
- Premio Emili Moya, Chicha Cutre, Marató de Cinema Fantàstic i de Terror de Sants (España, 2023)
- BUT BMovie, Underground and Trash Film Festival (Países Baixos, 2024)
Alicia en Galicia Caníbal
Xavier Villaverde
Segunda versión do mítico videoclip 'Galicia Caníbal' do grupo Os resentidos. Unha videocreación que indaga na busca dunha cultura autónoma facendo unha crítica, baixo o prisma do humor e da ironía, das políticas e supersticións oficiadas para lograr esa identidade, desde o franquismo ata a 'movida'.
Última Defensa
Eugenio Cortegoso
Estrea Mundial
Unha guerra nuclear devastou o planeta. O sarxento Wolf e o soldado Charlie defenden o último reduto da humanidade contra o inimigo, unha horda de antropófagos mutantes.
Retour À Hairy Hill
Return to Hairy Hill
Daniel Gies
Estrea en Galicia
A infancia de Ethel termina abruptamente cando a súa nai foxe, deixando a Ethel soa para coidar dunha granxa illada e dos seus irmáns pequenos. Mentres un desapiadado inverno abátese sobre eles, Ethel debe decidir se resignarse ao destino ou probar sorte no ancho mundo…
- Mellor Filme Fantástico Gen Con Film Festival (EUA 2024)
- Mellor Curta de Animación – El Ojo Iluso International Animation Festival (Venezuela 2024)
- Mellor Curta de Animación – Festival international du film pour enfants de Montréal (Canadá 2024)
- Premiado no Busan International Kids & Youth Film Festival (Corea do Sur 2024)
- Mención Especial do Xurado (GFFF #8 2024)
Tasty Tongue (美味的舌頭)
Pearl Zheng
Estrea en Galicia
A-Zhe, que maldicía constantemente aos demais, atópase cunha misteriosa e bela muller, Mia, que lle trae lingua asada para que a goce. Ata que A-Zhe descobre que aqueles a os que maldixera convertéronse nas saborosas linguas da mesa do comedor…
- 19º Cryptshow Fest (España, 2025)
- 26º Chicago Horror Film Festival (EUA, 2025)
- 3º GASP! Horror Film Festival (Reino Unido, 2025)
- 10º Portland Horror Film Festival (EUA, 2025)
La machine d'Alex
Alex's Machine
Maël Le Mée
Estrea en Galicia
Alex é a única moza da súa clase de 'biomecánica do automóbil'. Para obter o seu título, elixiu construír un motor feito de carne artificial. Unha noite, Chloé, que comparte a súa habitación no internado, descobre que Alex sente un singular pracer traballando na súa máquina vivente.
- Méliès d'argent, Sitges, Festival Internacional de Cine Fantástic de Catalunya (España, 2022)
- FANT – Festival Cine Fantástico Bilbao (España, 2023)
- Gran Premio, Brussels Short Film Festival (Bélxica, 2023)
- Festival international de court-métrage de São Paulo (Brasil, 2023)
Kanopos ir pačiūžos
Hoofs on skates
Ignas Meilūnas
Nun brillante paraíso invernal, dous amigos, Piglet e Cow, están a pasalo en grande patinando sobre xeo nun lago cando, de súpeto, un mundo estraño e descoñecido ábrese baixo eles.
- 53º Alcine – Festival de Cine de Alcalá de Henares (España, 2024)
- 60º Chicago International Film Festival (EUA, 2024)
- 21º IndieLisboa – International Film Festival (Portugal, 2024)
- 69º SEMINCI – Semana Internacional de Cine de Valladolid (España, 2024)
El taconeo
Cucho L. Capilla
Juan é un cantante de canción española que da noite para a mañá se ve desbancado do escenario do Taconeo, tablao flamenco no que traballa desde fai mais de quince anos, por unha nova cantante xoven e guapa, La Bella Dolores.
La Nueva
The Newcomer
Iván Villamel
María é a nova profesora que chega a un antigo colexio relixioso. No seu primeiro día, terá que ensinar a un grupo de adolescentes rebeldes que forman parte dunha clase de castigo. Un suceso inesperado converterá a aula nun auténtico inferno.
- Sitges, Festival Internacional de Cine Fantástic de Catalunya (España, 2022)
- CURTAS, Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa (Galicia, 2022)
FESTIVAIS CONVIDADOS

Terror Molins – Festival de Cine de Terror de Molins de Rei (Catalunya)
O Festival de Terror de Molins de Rei (Terrormolins) ten a súa orixe no ano 1973 coa primeira edición da mítica maratón de 12 Horas de Cinema de Terror, que na actualidade é o acto que pecha o festival. Converteuse nun dos referentes tanto para o público como para a industria do cinema de xénero. Máis de 10.000 espectadores, preto de oitenta proxeccións durante 10 días, e máis de 80 medios acreditados son algúns dos datos que o definen.
Motivación da Selección
As curtametraxes Barbie Hell e Baile con la muere son dous dos traballos que foron programados xunto con outras 8 curtametraxes de produción, dirección ou fala catalás na Secció Ç-Trencada do Festival en 2024.
Tanto un como outro son só unha pequena mostra da gran diversidade de perspectivas que converten o terror nun medio de expresión creativa máis que nun obxectivo en por si.
Ambos traballos rebordan imaxinación tanto nas técnicas utilizadas como nos respectivos argumentos. No primeiro, unhas bonecas asasinas reflicten a crueza do mundo real; no segundo, a actitude extrema ante a vida da protagonista lévaa ao bordo da morte.
Semana de Cine Fantástico y de Terror de San Sebastián (Euskadi)
Desde hai xa 35 anos, un dos festivais de xénero con máis personalidade de Europa. Ofrece un panorama non moi extenso, pero si intenso, do mellor do terror e da fantasía de cada ano, ante un público participativo e entendido.
O Teatro Principal é o templo desta gran comunidade de amantes do terror. Exposicións realizadas con coidado, publicacións e todo tipo de actividades paralelas completan esta festa cada fin de outubro comezos de novembro.
Festival Internacional de Cine Fantástico y de Terror de Navarra
O Festival Internacional de Cine Fantástico y de Terror de Navarra naceu en Pamplona no ano 2012 co obxectivo de achegar ao público obras do xénero que raramente chegan ás salas e, ao mesmo tempo, dar visibilidade a novos talentos e a cineastas navarros. Ao longo das súas edicións, ofreceu tanto curtametraxes internacionais como longametraxes recoñecidas, acompañadas de actividades paralelas como presentacións de directores, actuacións musicais e a presenza dos seus célebres monstros caracterizados. O certame distínguese tamén polo papel activo do público, que vota polas súas obras favoritas, e pola participación de xurados profesionais con figuras relevantes do xénero.
Motivación da Selección
Propuxemos a curtametraxe Mano dura, dirixida polos gañadores do Premio do Público Esther Velasco e Gabriel García, producida pola produtora CVLTO coa colaboración do festival. A obra conta coa participación de tres dos principais intérpretes de Navarra: Aroa Alonso, José María Asín e Javier Baigorri. Aínda que foi concibida tamén como peza promocional do festival e, por iso, é breve, cremos que ofrece unha ollada ampla e representativa da esencia do certame.
FangoFest – Festival Internacional de Cinema Fantàstic Terror i Gore (Catalunya)
O Fangofest Amposta inicia a súa traxectoria no ano 2009, e dende os seus comezos foi dirixido por Jacint Espuny, quen continúa a exercer como Director.
A idea inicial era achegar o cinema gamberro, trash e gore ás terras do sur de Catalunya.
Un comezo modesto con dous días de proxeccións, que pouco a pouco foi medrando ata chegar, na actualidade, a cinco días de Festival.
Os xéneros que se poden atopar inclúen animación, terror fantástico, gore, trash e cinema amateur.
O máximo galardón do festival é o “Pont do inferno”, que se entrega ao convidado de honra de cada edición en recoñecemento á súa traxectoria.
Xunto ás proxeccións dos proxectos que compiten no festival, tamén se celebran exposicións, presentacións de libros, concertos e outras actividades sempre vencelladas ao cinema.
Lóstrego – Festival de Cinema Fantástico (Galicia)
«Lóstrego» non é só un festival, é un punto de encontro para afeccionadas, profesionais e persoas curiosas polo cinema fantástico. Un espazo inclusivo e vibrante, onde todas as persoas asistentes poden gozar dunha programación coidadosamente seleccionada e participar nas diversas actividades e eventos que preparan con moito agarimo e dedicación.
Motivación da Selección
Esta curtametraxe realizada por estudantes da UDC representanos particularmente, xa que son mozos que se inician neste ámbito, e sentímonos moi identificados co nacemento deste festival; ademais, o xénero é un dos que mellor nos define.
Curtas – Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa (Galicia)
Fundado en 1973, é o festival decano de Galicia, e o maior evento adicado ao cinema fantástico e de terror da comunidade. Recoñecido internacionalmente como un dos 90 mellores festivais de xénero da Terra pola revista Dread Central, o medio líder mundial no xénero de terror, Curtas Festival do Imaxinario destaca pola súa capacidade para xerar experiencias inolvidables con proxeccións de longametraxes e curtametraxes, exposicións, presentacións e actividades paralelas que o converten nun evento imprescindible para os amantes do xénero.
Motivación da Selección
Sombra do Mar, de Sergio Pereda, combina a tradición galega cos horrores cósmicos creados por H.P. Lovecraft nun exercicio de estilo que reflicte perfectamente o espírito de Curtas Festival do Imaxinario, e que lle valeu o premio á mellor dirección da sección Feito en Galicia na 49 edición do festival.
GFFF – Galician Freaky Film Festival
Cando en 2017 o Galician Freaky Film Festival (GFFF) lanzou a súa “#0 Edition”, poucos podían imaxinar que estaban a presenciar o nacemento dunha das citas máis electrizantes do panorama cinematográfico galego. Anos despois, o GFFF non só sobreviviu, senón que medrou ata converterse nun colosal monstro de sete cabezas que devora récords de audiencia e exhibición con cada nova edición.
O festival, que se celebra anualmente entre setembro e outubro en Vigo, transformou a escena do cine fantástico, de terror e sci-fi en Galicia. A súa programación, tan variada como ambiciosa, abrangue desde as máis recentes producións independentes ata clásicos de culto, ofrecendo un festín visual para os padais máis esixentes do xénero.
Motivación da Selección
En representación do GFFF, o equipo de programación escolleu a curtametraxe Menú del Día. Unha curtametraxe que representa perfectamente o espíritu do festival e cuxo nacemento e motivación parten do mesmo amor e paixón que desprende calquera das sesións máis icónicas do GFFF.
Unha peza que, a pesar de non contar nada novo, supón un sopro de aire fresco para o cinema de terror e serie B que se está facendo en Galicia, inclinándose a esas rara avis como son as películas que mesturan comedia e terror.

