EL JOVENCITO FRANKENSTEIN + LA NOVIA DE RE-ANIMATOR
Venres, 19 de Setembro ás 19:00
NEW VIDEODROME CINEMA – CINES TAMBERLICK
Proxeccións: Versión Orixinal subtitulada en castelán.
A inauguración da 9ª edición do festival virá cargada de experimentos que saen mal para todos aqueles cinéfilos e amantes das antigas salas de cinema. Para iso, levaremos a cabo unha dobre sesión de cine de mad doctors.
O dobre programa, ou dobre sesión, era un fenómeno bastante habitual nas salas de cinema de hai unhas décadas, onde se exhibían dúas películas polo prezo dunha. Esta forma de exhibición, practicamente en desuso na actualidade, noutrora enchía a programación das salas da cidade de Vigo. Falamos de salas xa desaparecidas como os cines Avenida, o cine Palermo, o Niza ou o Minicine.
Nesta sesión inaugural proxectaremos dúas comedias de arrepío para encher a sala de gargalladas e berros durante máis de tres horas.


Ambas películas están cheas de efectos especiáis de primeira calidade que as mantiveron frescas durante estas décadas e dos que falará o noso experto en FX, Ricardo Spencer, no Coloquio posterior co público, no que teremos unha visión máis profunda de como se fixeron.
Preparádevos para unha noite inesquecible de cinema clásico, xiringas e emocións fortes. Non perdas a oportunidade de revivir este experiencia na gran pantalla e co resto da familia GFFF!
YOUNG FRANKENSTEIN
EUA / 1974 / 106 min.
Mel Brooks
Proxección: Versión Orixinal subtitulada en castelán.
O doutor Frederick Frankenstein, neto do famoso científico, herda o castelo do seu avó en Transilvania. Alí encontra a Igor, un xiboso cómico, Inga, unha fermosa asistente de laboratorio, e Frau Blücher, a temible ama de chaves. Malia que Frederick inicialmente despreza o traballo do seu avó, ao descubrir o libro onde o doutor loco describía os seus experimentos de reanimación, cambia de opinión e decide seguir os pasos da familia.

REPARTO: Gene Wilder, Peter Boyle, Marty Feldman, Madeline Kahn, Cloris Leachman, Teri Garr, Kenneth Mars, Gene Hackman.
GUIÓN: Mel Brooks e Gene Wilder
MÚSICA: John Morris
BRIDE OF RE-ANIMATOR
EUA / 1990 / 96 min.
Brian Yuzna
Proxección: Versión Orixinal subtitulada en castelán.
Os doutores Herbert West e Dan Cain continúan cos seus experimentos de reanimación, agora coa ambiciosa meta de crear vida humana desde cero. Utilizando tecido morto, proceden a crear unha muller perfecta, empezando co corazón da finada Meg Halsey. Pero os seus experimentos macabros levan a consecuencias inesperadas nesta continuación chea de humor negro e terror sanguinario que merece un espazo por si mesma.

REPARTO: Jeffrey Combs, Bruce Abbott, Claude Earl Jones, Fabiana Udenio, David Gale, Kathleen Kinmont, Mel Stewart.
GUIÓN: Brian Yuzna, Rick Fry e Woody Keith
MÚSICA: Richard Band

