HOMENAXE LUIS BARBOO
Conan the Barbarian de John Milius
Martes 23 de Setembro ás 22:00
NEW VIDEODROME CINEMA – CINES TAMBERLICK
Unha das sesións máis especiais desta #9 edition será a proxección da que probablemente sexa a película máis representativa dentro do subxénero de espada e bruxería: Conan the Barbarian.

Actividade complementaria
HOMENAXE LUIS BARBOO
Con ela rendemos homenaxe ao actor vigués Luis Barboo, quen quedou para sempre inmortalizado neste filme de John Milius interpretando o papel de Roxo.

Con esta homenaxe, o festival busca reivindicar a figura de Luis Barboo, así como poñer en valor o traballo dos especialistas e actores de reparto, eses profesionais esenciais que moitas vecen fican no anonimato, malia seren fundamentais para a maxia do cine.
CONAN THE BARBARIAN
Estados Unidos / 1982 / 129 min.
John Milius
Un neno que pertence a unha tribo primitiva grava na súa memoria os rostros dos guerreiros que exterminaron á súa familia e a el vendérono a uns mercadores de escravos. Anos despois, o mozo converteuse nun forzudo e valente guerreiro.
REPARTO: Arnold Schwarzenegger, James Earl Jones, Max von Sydow, Sandahl Bergman, Ben Davidson, Cassandra Gava, Luis Barboo
GUIÓN: John Milius, Oliver Stone. NOVELA: Robert E. Howard
MÚSICA: Basil Poledouris
FOTOGRAFÍA: Duke Callaghan


