
Roteiro Gastronómico Freak
Como novidade absoluta desta edición, o GFFF estrena o primeiro Roteiro Gastronómico Freak, unha ruta de tapas que quere levar o frikismo do festival á rúa e aos bares. Do 18 ao 26 de setembro, cinco restaurantes da cidade ofrecerán unha Tapa Fantástica creada para a ocasión:





- La Revoltosa (Rúa Cruz Branca, 5): Revuelto de sesos
- El Estribo (Rúa do Ecuador, 38): Croquetas Aracnobaby
- Mocca (Rúa de Nicaragua, 23): Merlina’s Hot Dog
- El Bar (Rúa do Doutor Cadaval, 11): Gilda Vudú
- Lume de Carozo (Rúa Joaquín Yáñez, 5): Pambazito del Inframundo

VOTACIÓN E PREMIOS
O público poderá degustar, votar e decidir cal será a tapa gañadora do Olimpo Gastronómico dos Freaks 2025. Entre todas as persoas participantes sortearanse entradas para a clausura do festival, na que se proxectará The Rocky Horror Picture Show, así como unha cea para dúas persoas nalgún dos restaurantes participantes.
INFORMACIÓN DOS RESTAURANTES
La Revoltosa
Rúa Cruz Branca, 5.
Tapa Fantástica: Revolto de miolos
Revolto de champiñóns
Película que inspirou a tapa: El cocinero, el ladrón, su mujer y su amante
Horarios: L a V 20:00 a 22:00 – S e D de 13:00 a 15:00
Instagram: @la_revoltosa_vinoteca
El Estribo
Rúa do Ecuador, 38.
Tapa Fantástica: Croquetas Aracnobaby
Ovo, salsa bechamel, pan relado, opcións de centola, pito e fabada (chourizo ibérico)
Película que inspirou a tapa: Aracnofobia
Horarios: L a S de 20:00 a 23:00
Instagram: @elestribo_vigo
Mocca
Rúa de Nicaragua, 23.
Tapa Fantástica: Merlina’s Hot Dog
Raíña pepiada.
Película que inspirou a tapa: Wednesday.
Horarios: L a D 16.00 a 20:00
Instagram: @moccavigo
El Bar
Rúa do Doutor Cadaval, 11
Tapa Fantástica: Gilda Vudú
Unha gilda convertida nunha boneca vudú que proporcionará só efectos positivos e moito amor ao comela.
Película que inspirou a tapa: Muñeca Vudú
Horarios: L a S 20:00 a 23:00
Instagram: @elbar.vigo
Lume de Carozo
Rúa Joaquín Yáñez, 5
Tapa Fantástica: Pambazito do Inframundo
Torta mexicana bañada en salsa de Chile (como lle gusta a Hellboy, picante) recheo de pataca, chourizo, queixo, aguacate, leituga.
Película que inspirou a tapa: Hellboy
Horarios: L a S 13:00 a 15:00 e de 20:00 a 22:00
Instagram: @lumedecarozo

