O GFFF aposta por crear e mostrar subtítulos en galego en TODAS as curtametraxes estranxeiras, o que nos converte no único festival do mundo en acometer esta labor de visibilización e promoción da nosa lingua.

Este compromiso vai máis alá das proxeccións do noso festival. En 2020, o noso equipo asociouse con Festhome para facer que a súa plataforma estivese dispoñible en galego. Unha colaboración que representa outro fito na normalización da nosa lingua dentro da infraestrutura internacional dos festivais de cinema.

Distribución

Unha das tarefas que o equipo de programación e subtitulado ven acomentendo estes anos é a tradución, sincronización e subtitulado das curtas extranxeiras que aínda non dispoñen de subtítulos en castelán ou galego.

O noso equipo xa construíu algúns dos subtítulos en castelán para a distribución nacional de curtas nomeadas, coma Third Kind de Yorgos Zois, High Dating de Jules Zingg, První akční hrdina de Jan Haluza ou Hideous de Yann Gonzalez.