GFFF ONLINE
19 de setembro ao 5 de outubro
FESTHOME
O GFFF pon a disposición dos freaks cinéfagos gran parte da Selección Oficial desta edición de xeito online.
A plataforma elexida será novamente Festhome, plataforma que ademais está dispoñible en galego grazas ao traballo do noso equipo durante a edición do 2020.
Só nos queda convidarte a gozar do GFFF desde a túa gorida! Escarállate, sinte arrepío ou cheira as túas neuronas fritidas coas curtametraxes que poderás gozar unha e otra vez.
Nota: Os bloques vanse liberando progresivamente a medida que avanza o festival en vivo.
Instruccións para ABONO VIF
- Comeza o proceso de mercar o PASE DE FESTIVAL.
- Rexístrate en Festhome se non tiñas usuario, ou accede co teu usuario doutros anos.
- Busca o LOCALIZADOR do teu ABONO VIF, no correo electrónico, no PDF ou preto do código QR.
- Utiliza o localizador do teu ABONO VIF como código de desconto.
- O prezo do PASE cambia a cero euros e xa podes adquirilo.






