Queres deseñar un cartel de cinema desde cero? Este é o teu obradoiro!
Orientado a
Deseñadores gráficos, ilustradores, fotógrafos e estudantes de deseño.
Duración
4 horas.
CONTIDO
Introdución
- Quen somos?
- Que hai tras o cartel de cinema/series: Como se realiza un cartel, presentación de exemplos e traballo co cliente.
Obradoiro
Deseñar un cartel de cinema desde cero. Será un obradoiro de deseño e composición onde desenvolverase:
- Selección fotográfica
- Elección tipográfica segundo xénero.
- Deseño de título/logotipo.
- Montaxe do bloque de créditos.
- Composición final.
IMPORTANTE
O asistente deberá traer ordenador cos programas de Adobe Indesign, Illustrator e Photoshop.
Sábado, 28 de Setembro, de 09:30 a 13:30 (3 horas)
AULA D – ESCOLA DE DESEÑO
IMPARTE
SERGIO GONZÁLEZ KUHN
BARFUTURA – Fundador / Director Creativo
Sergio trasládase á cidade de Nova York para estudar deseño gráfico no Pratt Institute. Durante os seus catro anos de estancia na cidade, compaxina os seus estudos cunha ampla experiencia en deseño interactivo para importantes firmas neoiorquinas. En 2001 se muda a Xapón para adquirir experiencia nos mercados asiáticos, uníndose a Ashley Associates en Tokio. Isto permítelle ampliar os seus coñecementos de impresión e interactivos, traballando coas principais marcas nipoas. Sergio regresa a Madrid en 2003 e crea Barfutura. A súa paixón pola cultura e principalmente o cinema, especialízalle no sector audiovisual onde traballa para importantes plataformas e produtoras nacionais e internacionais. Tamén imparte clases de deseño gráfico en diferentes escolas de España.
Barfutura é un estudo creativo localizado no céntrico barrio da Latina de Madrid. Como amantes da cultura, Barfutura especializouse no sector audiovisual desenvolvendo campañas gráficas para cinema e televisión desde fai máis de vinte anos.