O próximo 21 de setembro volve o Pequefreak – O meu primeiro festival, un día completo dedicado ao público infantil e xuvenil!

O C.C. Plaza Elíptica e as súas sedes (Apo’strophe.arte e Cines Tamberlick) acollerán este evento, único na nosa contorna, no que os máis cativos poderán iniciarse no marabilloso mundo do cinema freak e no que gozarán da experiencia de vivir o seu propio festival de cinema.

  • 10:30 OBRADOIRO FXs con RICARDO SPENCER (2h)
  • 12:30 CURTAS: PEQUEFREAKS +7 (50′)
  • 16:00 CURTAS: TODOS OS PEQUEFREAKS, VOL. 1 (49′)
  • 17:30 CURTAS: TODOS OS PEQUEFREAKS, VOL. 2 (49′)
  • 19:00 O PELICULÓN: A HISTORIA INTERMINABLE (V.E.) (94′)

Curtametraxes Selección Oficial

Os e as pequefreaks poderán desfrutar dunha Selección Oficial creada só para eles. 21 curtametraxes chegadas de todo o mundo, con 7 obras nunca vistas antes en Galicia e 3 delas inéditas en España. A favorita do público conseguirá alzarse có preciado galardón do Olimpo dos Pequefreaks 2024.

Obradoiro de Efectos Especiais

Nesta #8 edition, e por petición popular, realizaremos un novo obradorio de FXs para satisfacer aos pequefreaks máis creativos.

O obradoiro será impartido un ano máis polo mestre de FXs, Ricardo Spencer, que lles ensirará novas trucaxes con látex e sangue, xa sexa para o seu próximo disfrace de Samaín ou para as súas futuras producións audiovisuais.

Unha das nosas accións dirixidas á cativada con maior éxito, e na que contribuímos á construción e formación das e dos futuros artistas do noso audiovisual.

RICARDO SPENCER

Nado en Brasil e radicado en Vigo é licenciado en xornalismo e técnico en efectos especiais. Ademais, é mestre no CIFP Audiovisual de Vigo e director-xerente da empresa SFX efectos especiais.

Na televisión dirixiu reportaxes e programas culturais na TVPE de Brasil. Traballou en diversas películas brasileiras (O Baile Perfumado, O Cangaceiro…) e en Galicia (Los Lunes al Sol, Fisterra, O Ilegal, Dhogs…) ademais de en inumerables curtas, series e programas de televisión. Tamén realizou efectos e decorados para obras de teatro tanto en Galicia como en Portugal.

Dirixiu e produciu documentais e curtas no Brasil e en Galicia, con premios por algúns deles. Dirixiu Quem tem medo de filmes de terror, premiado en Arxentina, e Força Brasil, premiado en Recife; produciu Enjaulado de Kléber Mendonça Filho, premiado no Festival de Río; Codirixiu o I Festival de Cine Fantástico de Vigo no ano 2000, evento realizado no auditorio de Caixanoxa.

O Peliculón

Este ano, freaks e pequefreaks poderán celebrar o 40º aniversario dun dos mellores filmes infantís do cinema europeo: A Historia Interminable (versión doblada en castelán).

Wolfgang Petersen foi o responsable de dirixir a ambiciosa proposta de levar á gran pantalla o exitoso best-seller de Michael Ende. La Historia Interminable é toda unha viaxe a mundos imaxinarios e afastados que levará aos pequefreaks e aos freaks a sentir que volven cabalgar a lombos de Fújur, o dragón branco da sorte no que suca os ceos o protagonista da historia, Bastian. Unha oportunidade única de revivir este clásico da fantasía en pantalla grande.

Incluída tamén no ABONO VIF

A historia Interminable

DIE UNENDLICHE GESCHICHTE (THE NEVERENDING STORY)
Alemaña do Oeste (RFA) / 1984 / 94′
Wolfgang Petersen

Escondido no faiado do seu colexio, Bastian devora durante as horas de clase un libro enigmático, A historia interminable, que relata a paulatina destrución do Reino de Fantasía. Unha especie de ”Nada” misteriosa destrúe o país e ás criaturas que o habitan. A medida que avanza na lectura, Bastian dáse de conta de que a salvación de Fantasía depende del; de que consiga entrar dentro do libro…

REPARTO: Noah Hathaway, Barret Oliver, Tami Stronach, Moses Gunn.
GUIÓN: Wolfgang Petersen, Herman Weigel. Novela: Michael Ende
MÚSICA: Klaus Doldinger.

Patrocinan