GFFF ON TOUR
Xoves, 12 de setembro ás 19:00
FNAC VIGO – C.C. VIALIA
Comezamos o noso GFFF on Tour cunha serie de actividades coas que ir preparando a Vigo para a invasión freak.
A primeira delas será a presentación do libro Un viaje por el cine fantástico y de terror, Vol. 1: Del príncipe de las tinieblas a la odisea del comandante Bowman. Este libro da editorial APPLEHEAD, coordinado polo crítico cinematográfico e divulgador Lluís Vilanova, comeza nas orixes do xénero na época silente para facer paradas nas producións da Universal e RKO ou da británica Hammer Films.
O libro tamén se achega a outras cinematografías e dedica capítulos aos espectros do fantástico xaponés, os horrores do gótico italiano ou o imaxinario mexicano e de Europa do leste, entre otras xeografías.
Nomes como James Whale, Jacques Tourneur, Terence Fisher, Walt Disney, Alfred Hitchcock, Roger Corman, William Castle, George Pal, Ingmar Bergman, Federico Fellini, Roman Polanski, Stanley Kubrick e moitos outros, son só algún dos autores analizados neste libro, que nos levará ata finais da década dos 60.
A presentación contará coa presenza dos escritores David Salgado e Javier Trigales, que farán unha revisión do libro en conxunto, centrándose logo nos capítulos escritos por cada un deles.
JAVIER TRIGALES
Javier Trigales é guionista de cinema e TV. Ten traballado para as productoras Globomedia, La Dalia Films, Shine Iberia, Bambú Producciones ou Eye Slice Pictures. É guionista de Viejos, longametraxe seleccionada na sección oficial do Festival Fantasia de Montreal, o Fantastic Fest de Austin ou o Festival Internacional de Sitges entre moitos outros. Tamén foi asesor de guión de El futuro testamento, próxima longametraxe do cineasta Velasco Broca. Así mesmo é guionista de curtas como Eco, El Semblante ou Caraoscura, seleccionadas e premiadas en festivais nacionais e internacionais. Tamén traballou en TV en programas como Sé lo que hicisteis, Brigada policial ou El intermedio.
Compaxina (cando pode) o seu traballo de guionista coa xestión cultural, programación de festivais, crítica cinematográfica e docencia de guión para escolas de cinema e universidades. Hai algúns momentos nos que non fai nada. Actualmente atópase immerso en proxectos nacionais e internacionais de gran envergadura e próxima anunciación.
DAVID SALGADO MARCOTE
Vinculado ao sector audiovisual durante máis dunha década en diversas facetas (fotografía, guión, dirección e produción), asinou cinco curtametraxes baixo o seu propio selo creado en 2012, Dama Negra Films. Escribe críticas cinematográficas no seu blog de cinema, 24 sombras por segundo. Colaborou no libro da Editorial Berenice, M. Night Shyamalan: El cineasta de cristal, e con Applehead Team nos tres volumes que compoñerán a serie, Un viaje por el cine fantástico y de terror. Actualmente traballa na redacción dun libro orientado á docencia sobre guións cinematográficos para a escola de audiovisuais Treintaycinco mm, e na fase final da última curtametraxe de Dama Negra Films: US-HER, inspirada na obra de Edgar Allan Poe, A caída da casa Usher.