Nesta edición de 2025 o festival quere poñer de novo o foco no mundo da banda deseñada co obxectivo de mostrar ao gran público o talento que se agocha nesta nobre arte de contar historias.

Nesta novena edición, os científicos tolos ou mad doctors serán os protagonistas do festival. Celebraremos unha serie de proxeccións que serán unha homenaxe a todos eses filmes nos que un científico se obsesiona por conseguir algo que supera os coñecementos da súa época retando as leis da física e mesmo ao propio Deus. É hora de berrar ao ceo: “It’s alive!

XURADO

Xulia Pisón

A Coruña, 1985. @xuliapison

Autora de cómics e ilustradora, iniciouse no mundo da banda deseñada con obras autoeditadas McCactus (2015), (∞-1) (2016), Legado (2018) e The Drop (2022). Simultáneamente realizou traballos de divulgación cientifica para Proxectos de Investigación como a triloxía de cómics Microalgas, e a súa próxima obra Proteínas

Víctor Rivas Villa

Pontevedra, 1965. @victorrivasilustrador

Ilustrador, deseñador gráfico e comunicador visual con máis de 40 anos de traxectoria. Desde 1985 combina o seu labor artístico coa docencia en ilustración e cómic. Especialista en adaptar estilos gráficos a distintos obxectivos narrativos e editoriais.

Iniciou a súa carreira ilustrando libros de texto para editoriais como Xerais, Edebé ou Bromera. Pioneiro en deseño dixital para animación e aplicacións desde plataformas como Comodore Amiga. Traballou en libros de texto, cómic, revistas e novela histórica en España.

Desde 2008 colabora internacionalmente con editoriais como Simon & Schuster, Oxford, Penguin ou Scholastic. Ilustra a serie infantil Desmond Cole: Ghost Patrol, con máis de 23 títulos publicados.

Desde o seu regreso a Galicia en 2014 publicou obras destacadas como a primeira da saga de Escarlatina, a cociñeira defunta. Actualmente combina ilustración internacional coa formación de novas xeracións de ilustradores.

Carlos Portela

Vigo, 1967. @en_principio_ya_veremos 

A traxectoria deste guionista nace da transversalidade de dous mundos: o audiovisual e o cómic. Para 90 Arte realizou obras como Impresiones de la Isla, xunto a Fernando Iglesias, La cuenta atrás, xunto a Sergi San Julián, Los Heresiarcas, con debuxos de Das Pastoras, Gorka, xunto a Iglesias e San Julián. Xunto a Purita Campos iniciou Las nuevas aventuras de Esther, retorno do icónico personaxe do cómic español, das que se publicaron tres libros e dúas novelas: Esther cumple 40 e La elección de Esther. 

Actualmente está a realizar a novela gráfica No a menos de 100 pies de distancia, xunto ao debuxante Keko, e o final de Las nuevas aventuras de Esther xunto a Aneke.

No seu currículo audiovisual hai que destacar o seu traballo no Xabarín Club, programa icónico da CRTVG, ou a coordinación de guión do programa Historias de Galicia. Con todo, a maior parte da súa carreira realizouna creando guións para series de televisión como Las chicas del cable, Velvet Colección, Hierro, Velvet, A lei de Santos, Bajo Sospecha, Auga Seca, Padre Casares ou Matalobos.

Recentemente estreou a serie Zorro en Amazon Prime e TVE e, xunto a Keko, recibiu o premio Fauve Polar SNCF do Festival de Angulema e o Premio Zona Cómic outorgado polas librerías españolas ao mellor cómic de 2023 por Contrition. Tamén foi subdirector de Viñetas desde o Atlántico ata a súa edición 25.

BASES



CASTELLANO

En esta edición de 2025, el festival quiere poner de nuevo el foco en el mundo del cómic con el objetivo de mostrar al gran público el talento que se esconde en este noble arte de contar historias.

En esta novena edición, los científicos locos o mad doctors serán los protagonistas del festival. Celebraremos una serie de proyecciones que serán un homenaje a todas esas películas en las que un científico se obsesiona por conseguir algo que supera los conocimientos de su época retando a las leyes de la física y mismo al propio Dios. Es hora de gritar al cielo: “It’s alive!”


ENGLISH

In this 2025 edition, the festival wants to focus back on the world of comics to show the general public the talent hidden in this noble art of storytelling.

In this ninth edition, mad scientists or mad doctors take center stage. We’ll celebrate with screenings that pay homage to films where scientists obsess over achievements beyond their era’s knowledge, challenging the laws of physics and even God himself. Time to shout skyward: “It’s alive!”